Ciencia y Tecnología Galicia

Se o neno é problemático, non perdas de vista aos seus pais

Da igual o que fixera e a idade, calquera menor é responsable dos seus propios actos. Por iso a Lei de Responsabilidade Pena do Menor non permite facer ningún seguimento aos pais dos menores implicados nalgunha ilegalidade, o que choca de xeito frontal coas conclusións sacadas polo investigador Luis Basanta, que na súa tese de doutoramento comprobou que a competencia parental é unha contorna familiar problemática inflúe no mal comportamento dos rapaces e propón establecer mecanismos “de apoio, de orientación e de seguimento a eses pais co obxecto de modular aqueles factores que poidan contribuír a incrementar a actividade delictiva».

As conclusións son duras: aínda que non todas as familias desestructuradas acaban con menores problemáticos, a investigación resalta que nas familias do máis dun cento de nenos analizados hai baixos niveles educativos e laborais nos adultos, dificultades na intelixencia emocional e baixos procesos de supervisión e guía aos menores, que ao mesmo tempo son “antecedentes de alteracións psíquicas nos pais”.

Diferenza varias actuacións parentais en función da traxectoria delitiva do neno: se son menores en risco de delinquir, “os pais ofrecen unha pobre supervisión aos fillos, prácticas disciplinarias severas, con utilización de castigo físico e escasa atención ás emocións persoais”; no caso de menores reincidentes apréciase “que os proxenitores manteñen altos niveis de pobre supervisión, con condutas neglixentes unido ao emprego de estratexias inadecuadas de descarga emocional”; e en condutas xa gravemente violentas, “os pais apelan á resignación como estratexia emocional para aliviar o sufrimento, actitude contraria á dos proxenitores de menores que piden perdón ás súas vítimas, que dalgunha forma se responsabilizaron e actuaron sobre os feitos dos seus fillos”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.