Comarcas Galicia

Unha muller, autora de 12 incendios en Arbo e Crecente

O seu fallo foi que os incendios se producían sempre nas mesmas franxas horarias e do mesmo xeito: preto das vivendas da zona, co conseguinte perigo para a seguridade dos cidadáns. A Policía Autonómica detivo hoxe a unha muller veciña de Arbo como presunta autora de 12 incendios forestais acontecidos nos últimos meses co mesmo modus operandi nos municipios de Arbo e Crecente, a maioría na parroquia de Albeos, nunha zona moi concreta, nas marxes da estrada local que une a estrada PO-400 co lugar do Carpazal.

Con esta xa son 42 as persoas detidas no que vai de ano por delitos relacionados con lumes forestais, aínda que a maioría por despistes ou non por en marcha as medidas de seguridad obrigatorias para a queima.

También te puede interesar