
Unha campaña «titánica» e «numantina». Así define Esquerda Unida a campaña electoral na carreira pola alcaldía do vindeiro domingo 22 de maio, unha campaña que remata hoxe «como exemplo de austeridade real, compromiso militante e priorización da proposta pragmática» poñendo enriba da mesa «proposta e programa antes que luces, globos e cores», como definía o seu candidato, Rubén Pérez Correa. En total, 50 actos en toda a cidade, miles de dípticos repartidos e de accesos á web, só gracias á labor e sacrificio dos militantes.
Foron os militantes os que pagaron do seu peto a campaña. Para amosar que é posible facer política dende a austeridade, defendendo un programa de ideas, Esquerda Unida fará público a vindeira semana un informe detallado de ingresos e gastos durante estes días. Todo para agradecer aos vigueses que exerceran de «altofalante» das propostas do partido para vencer aos «xigantes e aos molinos» aos que se enfrontan.
