Comarcas Galicia

Renovarse ou morrer… na loita pola alcaldía

Unha lista consensuada en asamblea, coa renovación e maior compromiso dos aspirantes a concelleiros e na que todas as parroquias de Salvaterra teñen un representante. Así se presenta o PSOE salvaterrense na carreira cara a alcaldía, co secretario xeral José Luis Fernández Piñeiro á cabeza.

Catro membros das Xuventudes Socialistas para dar frescura e xente de todos os ámbitos: autónomos, amas de casa, parados, profesionais… e cun candidato cunha ampla experiencia no ámbito social e político. «Salvaterra enfrontase nas próximas eleccións á bancarrota económica, á paralización efectiva do proxecto da Plisan, a un urbanismo desfasado, fundado nunhas disposicións do ano 1993, conservadas para favorecer os intereses urbanísticos do centro de Salvaterra. A situación na que se atopa precisa dun candidato como o noso, que destaca pola súa rigurosidade”, destacan.

Fernández Piñeiro é coñecido por manter o encerro que durante 6 meses mantiveron algúns veciños da vila na propia casa do concello para protestar por «sete anos de conflitos veciñaisPrecisamos para o futuro de todos un equipo municipal que contribúa a sacar a Plisan da súa paralización, que ordene as finanzas públicas para que o concello sexa a solución, non o problema, que leve ó alcalde e os seus concelleiros polas parroquias para dar explicacións os cidadáns en público», subliñan.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.