Vigo al minuto

Aberto o prazo para optar a unha vivenda de aluguer en Navia

O Concello ven de abrir o prazo de inscripción para optar a unha das vivendas, en aluguer, das que dispón en Navia. O mesmo permanecerá aberto ate desde hoxe ata o próximo 16 de maio, un parzo de 45 días durante os que os interesados poderán optar a un destos pisos, cumprinco os requisitos contidos nas bases de inscripción que poden recollerse na Oficiña Municipal de Vivenda da rúa Oporto, 1 (antigo Rectorado).

Deste xeito, segundo asegura o Goberno local, pretende darse resposta «gran demanda» cidadá de alugueres «a prezos módicos», que neste caso oscilarán entre os 116 e os 166 € ao mes. O Concello de Vigo dispón de 35 vivendas en Navia, das que 7 irán destinadas a fins sociais e serán xestionadas pola Concellería de Benestar Social. As 28 restantes, cun tamaño entre 80 e 90 metros cadrados, garaxe e trasteiro, saen en aluguer para os censados en Vigo.

Do total de vivendas en arrendamento, 6 están habilitadas para persoas con mobilidade reducida, 13 destinaranse a núcleos familiares con ingresos menores ao 1,5 do IPREM e as 9 restantes para economías entre o 1,5 e o 2.5 do devandito índice.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.