Ciencia y Tecnología Galicia

A ficción costumista ‘pirra’ aos galegos

Duvi/ Semella que todo o mundo sabe de televisión, pero realmente moitos non son conscientes da súa visión de negocio. Debido á necesidade de que os futuros titulados de Publicidade e Relacións Públicas si coñezan “o seu backstage”, Pepe Coira, produtor de gran percorrido no mundo do audiovisual en Galicia explica que “a televisión está moi presente na nosa vida e por iso sentímonos grandes expertos, pero o certo é que está moi ben dotada para finxir ser o que non é, e depende totalmente do que queiran os altos executivos”.

Para o productor, á hora de crear un proxecto, “sexa de entretemento, de ficción ou documental” hai que adaptarse ás esixencias que a canle marque, “realizando un produto que se axuste ás necesidades da grella televisiva”, sen esquecerse “do grande intermediario que son os propios executivos das televisión onde hai que desenvolver o que eles queren que se faga». Así mesmo, aínda que desde fóra pode semellar que a elaboración dos contidos é o que máis peso acada no desenvolvemento dun produto, o certo é que “non se trata soamente de contar unha historia, hai que ter moi claros e definidos os medios que se van a empregar para contar esa historia”, resultando fundamental o equilibrio entre recursos e contidos.

Un dos mellores formatos que funciona entre a poboación galega é a ficción costumista, o que resulta “unha relación bastante extraordinaria e pouco común no panorama audiovisual español”. A clave atópase en que soen contar historias que teñen un alto grao de identificación co público xeral, resultando “un fenómeno no que nos reflectimos a nós mesmos”. Pero este éxito implica unha limitación pois “é difícil realizar seriais en Galicia que non exploten o das historias costumistas”, aclarou. Ademais das series de ficción, Pepe Coira tamén destacou o formato da serie documental, “moi pegada á realidade”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.