Música y Cine

A alfombra vermella desprégase para Tosar este venres na presentación de ‘Novo Vigo Vello’, de Eduardo Rolland

 

 

 

O xenial actor lucense, Luis Tosar, é embaixador do Casco Vello de Vigo
O xenial actor lucense, Luis Tosar, é embaixador do Casco Vello de Vigo

Directamente dende os Goya e antes de viaxar aos Estados Unidos para promocionar a súa película, o lucense Luis Tosar estará en Vigo para presentar o documental ‘Novo Vigo Vello’, dirixido polo xornalista Eduardo Rolland. O tenente de alcalde anunciou hoxe que este venres o actor estará no pase que se fará no Centro Social Novacaixagalicia este venres, día 18, pase que repetirase o domingo 20 ás 12 da mañán no mesmo lugar.

«Ademais destes dous pases, o documental achegarase aos barrios e parroquias de Vigo, porque non queremos que ninguén quede sen velo«, asegurou o tenente de alcalde. Tamén se farán pases de «Novo Vigo Vello» na sala «Vigofilm» do Centro de Recepción de Visitantes da Estación de Ría.

O documental xa foi enviado a máis de 10 canles de televisión e que nas vindeiras semanas continuará a súa distribución e, paralelamente «Novo Vigo Vello» entrará no circuíto de festivais. O tenente de alclade ndicou que o documental presentarase á Mostra Internacional do Documental Independente de Cádiz, ao Festival Internacional de Documental de Barcelona (Docúpolis), ao Festival Internacional de Cine Documental e Curtametraxe de Bilbao e á Mostra Internacional de Patrimonio Arquitectónico de Madrid. No eido internacional, está previsto presentalo aos festivais de Kassel e Leipzig, en Alemaña; ao Festival Internacional de Documentais de Copenhague; en Francia ao Festival de La Rochelle; ao Festival de Documentais de Amsterdam; ao Festival de Sheffield, en Inglaterra; así como a certames en Milán, Lisboa e Bos Aires.

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.