Comarcas

O candidato do BNG á Alcaldía de Ponteareas aposta, na súa presentación, pola creación de emprego no concello

 

16_ Ponteareas 2011O BNG presentou a candidatura coa que concorrerá ás eleccións do vindeiro mes de maio nun acto no Restaurante Ponteareas que contou coa participación do Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, e presentado polo exportavoz nacionalista en Ponteareas, Roberto Mera. Xosé Represas, o candidato á Alcaldía de Ponteareas polo BNG, comezou a súa intervención resaltando a necesidade dun novo goberno local para renovación que precisa Ponteareas, “agora é o momento de deixar atrás o pasado, a incompetencia, a incapacidade dun goberno sen ideas nin proxectos, agora é o momento de contar con toda a xente nova que está desaproveitada para que Ponteareas sexa un concello galego e europeo moderno” asegurou Represas.

O candidato nacionalista expresou un compromiso claro coa creación de emprego. “É necesario apoiar –e moito- a quen pode crear máis emprego a curto prazo; o comercio local e as pequenas empresas”. Represas asegurou que o goberno do BNG “orientará o investimento do Concello para xerar emprego e riqueza” para contribuír a combater a crise.

Na presentación da candidatura interviron os candidatos e candidatas que acompañaran a Xosé Represas nos primeiros postos da lista nacionalista, Bolívar González, Berta Chivite, Serxio Covas, Hortensia Bautista e Nemesio Boente. O candidato máis xove, Serxio Covas centrou a súa intervención na frustración da xente moza co goberno do PP “Ponteareas non conta con ningún tipo de política para a xente nova, os máis de 6.000 mozos e mozas, a mellor xeración da historia, a máis preparada, está desaproveitada” Serxio Covas apostou por “un novo goberno que conte coa creatividade, imaxinación, capacidade e innovación da mocidade, un goberno con iniciativas para favorecer o emprego e novas oportunidades”

Represas destacou na súa intervención as liñas básicas do programa de goberno do BNG, explicando os compromisos de cambio e xestión política para o futuro centrado nas prioridades de Ponteareas

Outra das grandes prioridades do goberno do BNG será solucionar a grave situación do ensino, polo abandono do mantemento dos centros e a necesidade dun novo CEIP pola masificación de todos os centros do núcleo urbano. “Poñeremos a disposición da Xunta os terreos para un novo centro de infantil e primaria, utilizarei todas as potestades da alcaldía e do Goberno para comprometer á Consellaría”, foron as palabras de Represas para destacar o compromiso do BNG co ensino e engadiu; “traballaremos intensamente para mellorar as instalacións educativas existentes«Uniremos a toda a sociedade para desbloquear o Parque Empresarial que a Xunta paralizou, Ponteareas ten que aproveitar a súa situación xeográfica, non podemos seguir perdendo oportunidades por non contar con chan industrial”  «Suprimiremos os recibos de contribución –IBI- das fincas nas que non se pode construír. comprometémonos a realizar unha revisión catastral xusta para evitar os agravios actuais” foi outro dos compromisos expresados por Xosé Represas con respecto a situaciòn provocada pola escandalosa suba da contribución no rural.

Tamén figura entre as prioridades do BNG, contar cun Plan de Urbanismo consensuado e ao servizo do interese xeral que remate co caos e a inseguridade xurídica na que o PP situou o urbanismo de Ponteareas na última década. Represas apuntou a necesidade de modernizar a xestión do concello para atender á cidadanía e contar cunha administración áxil e eficaz, “a administración local ten que dar solucións, non poñer atrancos aos veciños e veciñas, ganas e coraxe para esta tarefa non nos van faltar” afirmou o candidato nacionalista

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.