Vigo al minuto

Ultímase o programa de inauguración do Auditorio de Beiramar

Auditorio Beiramar Vigo/Tresyuno ComunicaciónA Alcaldía ultima o programa de inauguración do Auditorio. Segundo información á que tivo acceso vigoalminuto, a mesma podería abranguir unha actuación musical o primero día de 2011.

O alcalde, que hoxe visitou as obras acompañando ao presidente Feijóo, lembrou que o orzamento do Auditorio-Pazo de Congresos é de 85 millóns de euros, dos que un 20% é financiado pola Xunta. Tamén salientou que o goberno presidido por Núñez Feijóo aportou 2 millóns de euros á esta obra, mentres que a cantidade restante dese 20% corresponde ao goberno de Emilio Pérez Touriño.

O rexedor vigués recalcou que noutras cidades coma Santiago ou A Coruña a Xunta financiou o 100% da obra, aínda que reiterou a súa satisfacción porque o presidente autonómico eloxiara a infraestrutura viguesa.

Abel Caballero avanzou que «a obra vai en prazo» e que o Auditorio ten xa cinco grandes eventos confirmados, o primeiro destes será o congreso europeo do mercado de incentivos, reunións e eventos (MITM) e terá lugar en abril de 2011.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.