Galicia

Máis de mil persoas pediron axudas para aforrar enerxía

ahorro-energía-recomendaciones

O Instituto Enerxético de Galicia xa ten 1.017 solicitudes para o programa de axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética, unhas axudas que se resolverán nos vindeiros 5 meses e que suporán unha inxección económica de case 9 millóns de euros e que posibilitarán un investimento asociado de 28,4 millóns de euros.

E dentro das 18 liñas de distintas axudas, as máis demandadas foron as destinadas á renovación das instalacións de iluminación pública exterior (co 16,5% das solicitudes); á renovación de bombas de calor xeotérmicas (15,2%) e as destinadas a auditorías enerxéticas nos edificios do sector residencial e servizos (15,1%).

Xunto con estas subvencións, poráse en marcha tamén 12 liñas específicas para municipios coas que se cubrirán nalgúns casos ata o 75 por cento do proxecto. Uns 153 concellos rexistraron xa a súa solicitude para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior e outros 23 para a realización de auditorías enerxéticas. Unhas medidas que conseguirán un aforro estimado de 12.560 toneladas equivalentes de petróleo e a emisión de 50.350 toneladas de CO2 á atmosfera.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.