Deportes Galicia

A selección galega, a revalidar o título

Fenando Rascado. Foto: Jose Cid.
Fenando Rascado. Foto: Jose Cid.

A selección galega de taekwondo xa vai camiño de El Campello, en Alacante, coa firme intención de revalidar o título de campión da Copa do Rei que acadou o ano pasado. Unha tarefa complicada, pero o equipo galego ten cualidades e posibilidades de voltar a gañar nas categorías masculina, feminina e xeral.

E será un día completo, xa que no mesmo sitio tamén se disputará o Campionato de España de Técnica nas categorías infantil e adultos, de forma que no pavillón do Campello xuntaranse case 600 deportistas nunha xornada maratoniana de mañá e tarde.

Na Copa do Rei, Galicia participará cun equipo feminino formado por 9 deportistas cun importante curriculum, xa que contan con títulos de campioas de España absolutas e medallas a nivel internacional. A selección estará formada por: Nazaret Tilve, subcampioa de España absoluta 2010 (Do Yang) e Miriam Docampo (As Sport) no peso de -49 quilogramos; Andrea Rica, campioa de España absoluta 2010 (Tao), Katia Calvar, subcampioa de España absoluta 2010 (Mat´s) e Estefanía Hernández, campioa de España absoluta 2010 (Natural) no peso de -57 quilogramos; Lúa Piñeiro, campioa de España absoluta 2010 (Olimpic), Jessica Otero, subcampioa de España absoluta 2010 (Kido) e Sabela Lonja (Natural Sada) en -67 e Carla Balado, bronce  no campionato de España absoluto 2010 (Mat´s) no peso pesado.

Na categoría masculina, Galicia presenta un equipo de nove deportistas tamén con grande experiencia. O equipo estará formado por Miguel Cortegoso (Mace Sport) e Pablo Carou, bronce no Campionato de España 2010 absoluto (Maniotas) en -58 quilogramos; José Antonio Carregal (Mat´s), José Fernández (Natural Sada) e David Vidal, bronce no Campionato de España absoluto 2010 (As Sport) en -68 quilogramos; Fernando Rascado, subcampión de España absoluto 2010 (Tao) e Raúl Bouzas, bronce no Campionato de España absoluto 2010 (Olimpic) en -80 quilogramos; e no peso pesado (+80 quilogramos)  estará Pablo Casares, bronce no Campionato de España absoluto 2010 (Kiap) e Gerardo Ortiz (Natural).

Campionato de España de Técnica

E sen tempo para descansar disputarase o Campionato de España de Técnica nas categorías adulto e infantil, onde a Federación Galega de Taekwondo espera facer un bo papel. O campionato galego tivo lugar o pasado fin  de semana en Pontevedra e de aí saíron as seleccións que estarán en Alacante para disputar  o Campionato de España.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.