Vigo al minuto

Os taxistas pecharán un día por descanso de personal

taxisO Pleno da Corporación municipal validou definitivamente hoxe unha nova regulación dos descansos dos profesionais do taxi, que pasarán a ter unha xornada libre cada semana para «mellorar a calidade de vida» destes e racionalizar ao tempo o servizo.

O edil de Mobilidade indicou que mantivo varias reunións co sector e finalmente o 90% dos participantes na consulta aos taxistas amosáronse partidarios desta nova disposición, que entrará en periodo de probas durante tres meses.

Segundo resaltou Xulio Calviño, esta proposta mellorará o servizo de taxis en Vigo, pois adecuará a demanda actual do servizo á oferta de vehículos existente. A Xunta de Goberno Local, para casos excepcionais, poderá acordar a suspensión temporal desta medida.

O PP manifestou que ten «moitas dúbidas» sobre se esta será ou non «a mellor solución» para adecuar o descanso dos profesionais e a demanda do servizo e púxose a disposición do goberno e do sector para traballar conxuntamente, pese ao cal votou en contra desta medida.

Os votos favorables de PSdeG e BNG aprobaron definitivamente esta disposición, despois de rexeitar e alegación presentada por unha asociación profesional minortaria e ser aprobada inicialmente no pasado Pleno da Corporación do 31 de maio. O visto bo definitivo conlevou os aplausos dunha veintena de profesionais que déronse cita este luns no salón plenario.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.