Cultura

O cartaz da campaña do Día Internacional contra a Violencia de Xénero elixirase este ano a través dun concurso

violenciaA concelleira de Igualdade anunciou hoxe que o prazo para participar no concurso de cartaces para empregar na campaña do Día Internacional contra a Violencia de Xénero do 25 de novembro será do 8 ao 28 de setembro. Esta convocatoria, que está organizada en colaboración co Consello Municipal da Muller, ten por obxectivo «a participación de toda a sociedade e a concienciación sobre a violencia de xénero».

A concelleira explicou que poden participar no concurso as persoas de máis de 16 anos, de xeito que terán cabida as creacións da xente máis nova da cidade, e que as obras presentadas (unha por participante), deberán ser orixinais e inéditas. Sinalou que deben facer referencia á Concellería de Igualdade e ao Día Internacional contra a violencia de xénero e contemplar o lema elixido para a convocatoria deste ano «Non o ignores, non o xustifiques, non o escondas».

«A partir das diferentes propostas comezamos a elaborar o programa de actividades que se desenvolverá arredor do 25 de novembro, entre as que figura este concurso», apuntou a concelleira de Igualdade quen destacou que a persoa gañadora recibirá un premio que inclúe un lote de libros e obxectos artísticos valorados en 600 euros.

A edil destacou que o lema da convocatoria se dirixe a toda a sociedade «para que tome conciencia real» sobre o problema da violencia de xénero. Así, lembrou o asasinato que se produciu a pasada semana en Lugo e ao respecto dixo que o asasinato é «a máxima expresión da violencia machista». Indicou que no seu tratamento informativo se manteñen determinados estereotipos da discriminación das mulleres, por exemplo nos argumentos que se ofrecen para explicar a súa causa, entre os que figuran os ciumes. Tamén criticou o emprego de «testemuñas irrelevantes» que ao seu xuízo reflicten actitudes «que manteñen as situacións de violencia de xénero».

 

En resposta aos medios sobre os últimos datos de violencia de xénero, a concelleira de Igualdade constatou a diminución das denuncias efectuadas, segundo confirma a Unidade de Violencia da Subdelegación do Goberno. Porén, apuntou que é preciso analizar as denuncias do mes de agosto, así como o caso dos asasinatos nos que non hai denuncia previa. Ao respecto, Rosa Fontaíña apuntou que a crise actual pode provocar que as mulleres que sofren esta situación non decidan separarse e indicou que a porcentaxe de mulleres vítimas dos malos tratos que denuncian se sitúa entre o 10 e o 12%.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.