
Carlos Díaz | vigoalminuto
A Xunta lanzará este mércores unha nova edición do Bono Activa Comercio, que permitirá obter descontos nas compras nos establecementos adheridos. O Consello da Xunta aprobou este luns unha partida de 2,5 millóns de euros para financiar a iniciativa, coa que o Goberno galego espera mobilizar 8,5 millóns de euros en vendas.
Os bonos ofrecerán descontos en función do importe da compra. Segundo explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o aforro poderá chegar aos 30 euros por bono, aínda que os tramos anunciados establecen rebaixas de 5 euros para compras de entre 20 e 30 euros, de 10 euros para as que vaian de 30 a 50 euros e de 15 euros para as superiores a 50 euros.
Esta será a segunda edición do programa neste 2026. A principal novidade é que os comercios que xa participaron en convocatorias anteriores non terán que volver rexistrarse para sumarse á campaña.
A iniciativa busca incentivar o consumo no comercio de proximidade mediante descontos directos para os clientes. A Xunta achega os fondos para sufragar os bonos, mentres que os establecementos adheridos aplicarán as rebaixas nas compras que cumpran as condicións do programa.
OuTraS NoVaS
- O Bono Activa Comercio volve este mércores con descontos de ata 30 euros
- Vitrasa refuerza los buses nocturnos por Samaín: la C1 pasará cada 15 minutos
- El Cunqueiro ampliará Urgencias con 19 nuevos puestos y 4 camas para pacientes semicríticos
- Rueda recoloca a Ángeles Vázquez en Política Social e sitúa a Nicolás Vázquez al frente de Medio Ambiente
- Astillero San Enrique embarca 391 toneladas de acero para un gran proyecto de energía eólica marina





