
A Deputación de Pontevedra abre este xoves, 30 de xullo, o prazo para solicitar as axudas do novo programa +Convivencia Inclusiva, unha iniciativa dotada con 125.000 euros destinada a fomentar actividades de lecer para persoas con discapacidade. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o 22 de setembro.
Este novo programa provincial nace co obxectivo de promover a inclusión social, o benestar emocional e a participación activa das persoas con discapacidade, financiando proxectos impulsados por entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que desenvolvan actuacións de lecer inclusivo no ámbito da discapacidade e da dependencia na provincia de Pontevedra.
Cada entidade poderá recibir unha axuda de ata 2.500 euros para organizar actividades que se desenvolvan na provincia antes do 31 de marzo de 2027.
Visitas, campamentos, balnearios, concertos ou actividades deportivas
As subvencións permitirán financiar un amplo abano de propostas de lecer inclusivo, entre elas saídas dun ou varios días para visitar lugares de interese histórico, arqueolóxico ou patrimonial, concellos ou illas da provincia, así como actividades en spas, piscinas, balnearios ou campamentos.
Tamén se poderán sufragar iniciativas culturais e de ocio como asistencia ao cine, teatro, concertos, espectáculos, museos, acuarios ou zoolóxicos, ademais de actividades deportivas, terapias grupais, obradoiros artísticos e creativos ou accións destinadas a favorecer a convivencia e o intercambio entre participantes.
Que gastos se poderán subvencionar?
Entre os gastos que poderán cubrir estas axudas inclúense as entradas ás distintas actividades de lecer, os desprazamentos necesarios para realizalas, os seguros vinculados ao desenvolvemento dos proxectos, os gastos de aloxamento tanto das persoas participantes como do persoal acompañante, así como os servizos de restauración ou catering e o material funxible necesario para levar a cabo as actividades.
OuTraS NoVaS
- Xa se poden solicitar as axudas da Deputación para financiar actividades de lecer inclusivo
- Os Solpores da Rebullón chegan ao ecuador cunha noite de soul, funk e disco da man de GOOD GOD!
- Los destinos gallegos más buscados este verano: Sanxenxo, Pontevedra y Vigo encabezan el ranking
- Vigo ya no es solo industria: el gran motor económico del sur gana peso en innovación
- A UVigo leva a realidade virtual á rehabilitación: exercicio e videoxogos para estimular corpo e mente





