Deportes

A III Etapa Popular do Camiño da Costa abre inscricións para percorrer a ruta entre Vigo e Redondela

A iniciativa busca promover o Camiño Portugués da Costa, unha ruta que xa suma este ano preto de 40.000 peregrinos

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, presentou este xoves a III edición da Etapa Popular Camiño da Costa, unha iniciativa que terá lugar o vindeiro 21 de xuño cun percorrido polo tramo da ruta xacobea que une Vigo e Redondela.

Na presentación da actividade estivo acompañada polo presidente da Federación Provincial de Comercio, Iván Iglesias; o presidente de Ahosvi, Daniele Provezza; o presidente de Feprotur, César Ballesteros; o delegado de Gadisa, Pablo Louro; e o presidente de Vodea, Juan Mallo.

Ortiz salientou que esta convocatoria xa se consolidou como unha cita habitual tras a boa acollida das dúas primeiras edicións, celebradas no tramo vigués do Camiño e entre Oia e Baiona. “Quero convidar á cidadanía a participar un ano máis na iniciativa, porque de novo temos un percorrido espectacular pola ría de Vigo que ninguén debe de perderse”, afirmou.


Catro horas de camiño, ata a Casa da Torre, en Redondela

A andaina partirá ás 09.00 horas desde o edificio administrativo da Delegación Territorial da Xunta en Vigo e rematará aproximadamente catro horas despois no albergue da Casa da Torre, en Redondela.

Durante a presentación, a representante autonómica puxo en valor o crecente atractivo do Camiño Portugués da Costa ao seu paso por Vigo. Segundo indicou, nos primeiros meses deste 2026 foron xa preto de 40.000 os peregrinos que obtiveron a Compostela tras realizar esta ruta, unha cifra que supón un incremento do 23 % respecto ao mesmo período do ano pasado.


Sinalización do Camiño na cidade

Neste contexto, Ana Ortiz volveu reclamar a sinalización do itinerario xacobeo dentro da cidade. Atopamos cada día a peregrinos perdidos pola cidade e consideramos unha falta de respecto aos nosos visitantes. Non entendemos a negativa do alcalde de Vigo a sinalizar o paso da ruta despois de comprometerse co presidente Rueda na reunión que tiveron hai xa dous anos”, manifestou.


Inscrición

A Xunta organiza esta actividade a través da Delegación Territorial de Vigo e coa colaboración da Dirección Xeral de Turismo. As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao teléfono 986 81 77 97 desde hoxe e ata o vindeiro xoves 18 de xuño.

O punto de encontro será ás 08.30 horas do día 21 de xuño na fachada da Delegación Territorial da Xunta.


OUTRAS NOVAS


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.