
O Concello do Porriño vén de poñer en marcha un novo sistema de información dixital baseado en códigos QR que facilitará o acceso inmediato á programación municipal tanto a veciños como a visitantes e peregrinos.
A iniciativa foi presentada nun acto celebrado na Sala de Comunicación do Concello, cunha ampla participación de representantes do sector comercial e hostaleiro, que recibiron os primeiros códigos para a súa instalación nos seus establecementos.
A través desta ferramenta, calquera persoa poderá consultar desde o seu teléfono móbil a programación actualizada das actividades que se desenvolvan no municipio, incluíndo eventos culturais, turísticos, deportivos, gastronómicos, comerciais e de lecer.
«Un municipio máis accesible e conectado
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, subliñou que o proxecto responde á estratexia de modernización do municipio. “Seguimos traballando para facer do Porriño un municipio máis accesible, moderno e conectado. Queremos que quen nos visite poida descubrir facilmente todo o que acontece aquí e aproveitar ao máximo a súa estancia no noso concello, pero tamén que a veciñanza participe en todas as nosas actividades”, sinalou.
Lorenzo puxo tamén o foco na implicación do sector económico local, ao que cualificou como clave para a difusión da iniciativa. “Os comerciantes e hostaleiros son os mellores embaixadores do Porriño. A súa implicación neste proxecto é fundamental para que a información chegue a máis persoas e para ofrecer unha mellor experiencia a quen nos visita”, engadiu.
Nos locais de hostalaría, comercios, aloxamientos turísticos e puntos esttratéxicos do Porriño
Os códigos QR estarán dispoñibles en locais de hostalaría, comercios, aloxamentos turísticos e outros puntos estratéxicos do municipio, co obxectivo de facilitar o acceso á información nos espazos máis frecuentados por visitantes e peregrinos.
Con esta iniciativa, o Concello do Porriño reforza a súa aposta pola dixitalización e a innovación como ferramentas para a promoción turística e a dinamización da vida social, cultural e económica do municipio, garantindo o acceso á programación municipal durante os 365 días do ano.
OUTRAS NOVAS
- La Diputación impulsa la humanización de Rosalía de Castro con una inversión de 1,7 millones
- O Porriño nas túas mans
- Vigo se asoma a los 35 grados: MeteoGalicia activa el ‘modo verano’ en las Rías Baixas
- Seis ofertas de empleo activas en Vigo: desde contratos indefinidos hasta puestos sin experiencia
- Nuevas charlas gratuitas sobre alimentación consciente y bienestar emocional





