Vigo al minuto

A Federación Veciñal considera movilizarse para esixir a apertura do albergue

 

FAVEC/Tresyuno ComunicaciónA Federación Veciñal (FAVEC) e a Rede Social Galicia Sur non descartan iniciar movilización en setembro para esixir a apertura inmediata dun Centro de Emerxencia Social. O acordo fraguouse onte, nunha xun tanza na que as dúas entidades coincidiron na necesidade vital desta dotación para a nosa cidade, ao tempo que lamentan o feito de que o sentir unánime da cidadanía de Vigo que a demanda non estea correspondido co necesario consenso político.

Ambas organizacións concordaron tamén ao sinalar que é unha irresponsabilidade grave colocar por riba deste obxectivo calquera outra cuestión. Nese senso para a Federación Veciñal resulta inadmisíbel que se utilice a falta de acordo sobre a ubicación como escusa para adiar sine die a construción do centro, ao tempo que reclaman de todos os axentes implicados que abandonen a espiral de declaracións e pasen das palabras aos feitos, demandando un compromiso e implicación reais.

 Ante a «situación de bloqueo na que está inmerso este tema, pola súa importancia e o debate social que está a suscitar, a FAVEC e a Rede Social Galicia Sur consideraron “unha posíbel convocatoria unitaria de mobilizacións sociais, para o mes de setembro, coa intención de premer ás administracións implicadas a tomar as decisións necesarias que viabilicen a construcción do Centro de Emerxencia Social canto antes. A Federación Veciñal valorará nas vindeiras semanas, en asemblea xeral, esta posibilidade.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.