Unha caravana de máis dun cento de vehículos rodeou este martes o complexo administrativo de San Caetano, en Santiago, provocando importantes retencións de tráfico nas inmediacións da sede da Xunta. A mobilización, impulsada por CIG-Ensino, CCOO Ensino, UGT-SP Ensino, USO, CUT e SNEP, serviu para visibilizar a precariedade laboral nos sectores de Política Social en Galicia.
Máis de 5.000 persoas traballadoras
As organizacións sindicais denuncian a situación que sofren máis de 5.000 persoas traballadoras dos sectores de discapacidade, menores e educación infantil 0-3 anos, dos cales entre o 70% e o 80% apenas perciben o Salario Mínimo Interprofesional, pese a desempeñar servizos considerados esenciais. A protesta forma parte dunha campaña de concienciación social ante o que cualifican como abandono da Consellaría de Política Social.
Segundo os sindicatos, a mobilización responde á falta de diálogo da Administración galega, que leva meses sen atender as solicitudes de reunión, e á pasividade das patronais. O obxectivo é forzar a apertura de negociacións para lograr convenios dignos e xustos, melloras salariais e condicións laborais acordes á responsabilidade destes servizos públicos.
“Política Social en Loita”
Baixo o lema “Política Social en Loita”, as organizacións anuncian novas accións nas rúas e nos centros de traballo. Entre elas, destacan a difusión de contidos audiovisuais para mostrar a realidade diaria nos centros —falta de persoal, ratios elevadas, instalacións deficientes ou situacións de risco— e a convocatoria dos “Mércores de loita”, con concentracións semanais durante o mes de febreiro.
Os sindicatos reclaman, entre outras medidas, a creación de mesas tripartitas galegas, a implantación dun complemento salarial autonómico, a redución de ratios e unha maior dotación de recursos humanos e materiais nos tres sectores. Tamén aposten por reforzar a negociación no Consello Galego de Relacións Laborais, como vía para avanzar na dignificación do emprego en Política Social.
Outras novas
- La Universidade de Vigo desarrolla una tecnología para predecir la calidad del aire en edificios
- Exigen a Caballero movilizar las 22.000 viviendas vacías de Vigo, para frenar el precio del alquiler
- La concejala de Seguridad declara ante la juez y reitera su «total colaboración», en la investigación del accidente del Saltamontes
- Una mujer herida, tras un desprendimiento de tierra en Bouzas
- Cerco sindical a San Caetano: máis de cen vehículos colapsan a Xunta contra a precariedade en Política Social
| 📌 As reivindicacións, sector a sector |
🧩 DISCAPACIDADE
Salarios dignos e máis persoal para garantir a seguridade
- 💶 Aplicación inmediata de todos os incrementos salariais do XVI Convenio Estatal
- 🤝 Mesa tripartita galega (Xunta, sindicatos e patronais)
- ➕ Creación dun complemento salarial autonómico
- 👥 Máis persoal e máis medios nos centros
- 📉 Baixada das ratios para mellorar a atención e reducir riscos
👶 MENORES
Fin das desigualdades salariais e centros sen precariedade
- 💶 Aplicación das táboas salariais do V Convenio Estatal desde xaneiro de 2026, sen agardar novos contratos
- ⚖️ Complemento autonómico para equiparar salarios entre centros
- 🤝 Mesa tripartita galega específica do sector
- 🏫 Mellora urxente das instalacións
- 👥 Máis recursos humanos e ratios máis baixas para garantir seguridade
🍼 INFANTIL 0-3 ANOS
Recoñecemento educativo e salarios homologados
- 🎓 Integración das escolas infantís na Consellería de Educación, non só como servizo asistencial
- 💶 Unificación das táboas salariais do XIII Convenio Estatal
- ➕ Creación dun complemento salarial autonómico
- 📉 Baixada das ratios e mellora da calidade educativa
- 👩🏫 Máis persoal educativo (parella educativa) e recursos materiais





