Galicia

Máis de 877.000 persoas vacinadas contra a gripe

Os galegos respondemos á chamada da prevención e aumentamos a vacinación en relación ao ano pasado

Galicia continúa a mellorar os datos de vacinación fronte á gripe respecto da campaña anterior e pechou a semana pasada cun total de 877.213 persoas vacinadas, dacordo cos datos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Estes rexistros reflicten un avance na cobertura en todos os grupos da poboación diana, reforzando a protección colectiva fronte a unha enfermidade que pode provocar complicacións graves, especialmente nas persoas máis vulnerables.

Persoal sanitario

Resulta especialmente salientable o aumento da vacinación no persoal sanitario, que supera o 66 %, o que supón 12 puntos máis que na campaña de 2024. Este dato é clave non só para a protección dos profesionais, senón tamén para garantir a seguridade das persoas ás que atenden.

Embarazadas

No caso das embarazadas, a cobertura vacinal incrementouse case oito puntos porcentuais, acadando máis do 48 %, fronte ao 40,52 % da pasada campaña. A vacinación neste colectivo é fundamental para protexer tanto a saúde da nai como a do bebé.

Maiores de 65 anos

Entre as persoas maiores de 65 anos, a cobertura sitúase no 73,19 %, dous puntos máis que o ano anterior. Se se analiza por tramos de idade, as persoas maiores de 70 anos chegan ao 76,6 % e as maiores de 80 alcanzan o 82,5 %, o que significa que oito de cada dez persoas desta idade xa se vacinaron para previr as complicacións da gripe.

Poboación infantil

No ámbito da poboación infantil, mantense unha taxa de vacinación superior ao 65 % en nenas e nenos de 6 a 59 meses. Ademais, nesta campaña ampliouse por primeira vez a poboación diana ata os 11 anos, cunha cobertura do 56,22 %, un paso importante para reducir a transmisión do virus no ámbito familiar e escolar.

A Consellería de Sanidade lembra que, aínda que a campaña oficial xa rematou, as persoas que desexen vacinarse poden facelo mentres haxa existencias, solicitando cita coa enfermería do seu centro de saúde. Cómpre ter en conta que o virus da gripe segue en circulación e que a vacinación continúa a ser a medida máis eficaz para previr a enfermidade e as súas complicacións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.