A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou esta semana unha nova redución na atención sanitaria do Punto de Atención Continuada (PAC) de Cangas, que tamén atende á poboación de Moaña. Segundo o sindicato, a falta de médicos non é puntual, senón unha situación recorrente que se agravou nas últimas semanas.
Durante varios días da semana pasada, o PAC funcionou con menos persoal do establecido. O domingo só estivo dispoñible a metade do cadro médico previsto polo Plan Funcional do Sergas antes da unificación dos PAC. Nos días seguintes, ausencias de persoal deixaron o centro con tan só unha médica para atender á totalidade de Cangas e Moaña.
«O SERGAS trasladou ao persoal mensaxes do tipo hai que apretar ou “raballar con menos médicos e listo”
A CIG asegura que, ao solicitar explicacións á Dirección de Atención Primaria da Área Sanitaria de Vigo, esta recoñeceu que o PAC de Cangas-Moaña “non é unha prioridade” á hora de asignar persoal, en contraste con outros concellos da área que sí contan con reforzos. No actual contexto, o Sergas considera suficiente manter dúas médicas para atender ambas localidades, trasladando ao persoal mensaxes do tipo “hai que apretar” ou “traballar con menos médicos e listo”.
Tamèn en vigoalminuto
- Vigo y su área metropolitana se llenan de música con rock, indie y pop en directo
- Galicia “muda de nome”: doce concellos e máis de 4.000 topónimos actualízanse desde hoxe
- O Porriño impulsa la transformación de la calle Antonio Palacios con 1,6 kilómetros de humanización y carril bici
- La Guardia Civil incauta 193 kilos de tabaco ilegal vendido por internet
- Detenidas dos personas en Vigo por robar una tarjeta a una anciana y gastar más de 1.100 euros
O sindicato advertiu que esta política de recortes chega nun momento crítico, coincidindo cunha onda de gripe e outras infeccións respiratorias que aumentan a demanda asistencial. Mantendo un PAC con menos persoal do necesario, aumentan os tempos de espera, reducíndose a capacidade de resposta ante emerxencias simultáneas e incrementándose o risco de erros por esgotamento do persoal.
Ante esta situación, a CIG trasladará a información ás alcaldías de Cangas e Moaña, buscando apoio institucional para reclamar un cambio no modelo asistencial. O sindicato tamén criticou que o Sergas centre a súa comunicación en responsabilizar os profesionais das ausencias, mentres se mantén unha planificación insuficiente que provoca a marcha de persoal sanitario.






