O Comité de Empresa de NEFAB Pontevedra, situada no concello de Ponte Caldelas, fixo público un comunicado no que alerta da “extrema gravidade” dos despedimentos executados na quenda de noite e esixe á dirección da compañía unha rectificación inmediata.
Segundo sinala a maioría do comité, cada posto de traballo perdido ten un impacto directo sobre a economía local, reducindo o consumo no comercio de proximidade, a actividade da hostalería e xerando un escenario de incerteza para as familias de Ponte Caldelas e da bisbarra. Para os representantes sindicais, non se trata só dunha cuestión laboral, senón dun problema que afecta ao conxunto da comunidade.
Empresa
A empresa xustifica os despedimentos nunha situación económica adversa. Porén, desde o comité de empresa rebátese esta versión e atribúense as dificultades actuais a unha mala organización interna e a unha xestión incapaz de planificar axeitadamente a produción. Esta falta de dirección, advirten, non só explica a situación actual, senón que pon en risco a continuidade da planta e do resto dos postos de traballo.
Outras novas
- Vigo seguirá aislada por tren este viernes: Renfe prolonga la suspensión
- Luisa Sánchez anuncia el final de las obras en Navia y la Pista Vermella este mes
- Arrestada en Vigo una cuidadora, por una cadena de hurtos de joyas en casas de personas mayores
- La pobreza vuelve a crecer: uno de cada cinco gallegos está en riesgo de exclusión social
- Protesta en Vigo por la falta de personal en Atención Primaria: profesionales y pacientes alertan de una situación crítica
Os traballadores lembran tamén que Ponte Caldelas leva anos ofrecendo infraestruturas, apoio social, investimento público e facilidades para favorecer a implantación e o crecemento de empresas industriais. Neste contexto, consideran inaceptable que a resposta sexa “precariedade, opacidade e destrución de emprego”, alertando de que unha empresa que non planifica nin coida ao seu persoal está a hipotecar o futuro industrial do concello.
“Cada despedimento non é un número nun balance, senón unha familia que queda nunha situación crítica”, sinala o comité, que subliña a necesidade de defender o emprego como base da cohesión social e do desenvolvemento económico da comarca.
Por todo iso, o Comité de Empresa esixe á dirección de NEFAB a readmisión do persoal despedido e a apertura dun proceso real de diálogo no que se aborden medidas de organización, planificación e investimento que garantan a continuidade da actividade e dos postos de traballo.





