O taekwondo galego volverá ter protagonismo no panorama internacional coa participación de oito deportistas no Campionato de Europa Sub-21, que se celebra en Kosovo entre o 11 e o 14 de decembro. A cita continental contará cunha ampla representación galega dentro da selección española, froito das súas clasificacións no Campionato de España e en diversas competicións internacionais.
Seleccionados
Entre os seleccionados figuran Carla Sesar (-57 kg, Natural Sport), Helena García (-73 kg, Dobok), Elisa Fernández (-53 kg, Garrapucho), Javi Otero (-54 kg, Natural Sport), Adrián Dávila (-54 kg, Kae Sport), Iago Mallo (-80 kg, Tao), Adrián Salanova (-68 kg, Maniotas) e Sergio Troitiño (-87 kg, Mat’s).
A expedición complétase coa presenza dos técnicos galegos Raúl Bouzas e Belén Asensio, integrados no corpo técnico da selección española, e de Carlos Manzano, que viaxa como adestrador de Adrián Dávila.
Outras novas
- Dioivo vuelve al Pub Transylvania, junto a Sicixia y la banda portuguesa Os Barbosas
- El Gobierno ofertará 67 viviendas de alquiler en Vigo, en la primera convocatoria de ‘CASA 47’
- Gondomar apuesta por el bienestar animal con ‘Proyecto Gato’ y ‘Bai Sen Pulgas’
- Pontón reclama garantías de atención sanitaria pública para as 600.000 persoas da área de Vigo
- «Le doy unos días a la Diputación para firmar el convenio de la piscina de Teis, o la pagamos sólo nosotros»
Calendario de participación galega
📅 Mércores, 11 de decembro
– Elisa Fernández (-53 kg)
📅 Xoves, 12 de decembro
– Javi Otero (-54 kg)
– Adrián Dávila (-54 kg)
– Iago Mallo (-80 kg)
– Sergio Troitiño (-87 kg)
📅 Venres, 13 de decembro
– Carla Sesar (-57 kg)
– Helena García (-73 kg)
📅 Sábado, 14 de decembro
– Adrián Salanova (-68 kg)






