Galicia

O sector leiteiro galego cae das 5.000 granxas mentres os prezos seguen entre os máis baixos do Estado

Galiza produce o 42% do leite de todo o Estado

O sector leiteiro galego cae das 5.000 granxas mentres os prezos seguen entre os máis baixos do Estado

O último informe do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), correspondente ao mes de outubro de 2025, confirma unha dobre tendencia alarmante para o sector leiteiro galego: os prezos continúan entre os máis baixos do Estado e o número de explotacións activas caeu por primeira vez por baixo das 5.000.

Desaparecen 1.400 granxas en catro anos

Segundo os datos oficiais, só 4.987 granxas galegas realizaron entregas de leite en outubro, fronte ás 5.284 dun ano antes. En apenas catro anos desapareceron arredor de 1.400 explotacións, un declive que supón a perda progresiva dun modelo produtivo baseado na granxa familiar ligada á terra.

Apenas 0,5€ por litro, cando o leite nos supermercados está en 1€

No plano económico, as ganderías galegas percibiron unha media de 0,524 €/litro, por debaixo da media estatal (0,535 €/litro) e de territorios como Castela e León (0,551 €/litro) ou Cataluña (0,529 €/litro). Un paradoxo que se agrava se se ten en conta que Galiza produce o 42% do leite de todo o Estado, e un problema que xa semella endémico e que levou aos gandeiros a mobilizarse ao longo dos anos. Ademais, o diferencial entre pequenas e grandes explotacións continúa medrando, chegando en setembro a 10 céntimos por litro, unha fenda que evidencia a crecente desigualdade interna do sector.


Outras novas


Menos granxas = maior concentración de animais en explotacións grandes

A pesar da desaparición continua de granxas, a produción mantense estable. “O espazo que deixan unhas ocupano outras cada vez máis grandes”, explica Xulio Fernández Carnero, coordinador do sector lácteo do SLG. Esta dinámica implica menas granxas nos territorios, maior concentración de animais, instalacións de maior tamaño e unha presión ambiental crecente en áreas localizadas, un modelo que expulsa ás pequenas producións e compromete a sostibilidade ambiental e social do rural galego.

O Sindicato Labrego Galego alerta de que a crise do sector non é só económica. A falta de relevo xeracional, a ameaza de epidemias, a excesiva burocracia, as incertezas lexislativas e a presión de proxectos industriais como plantas de biogás, macrocelulosas, macrogranxas ou proxectos mineiros, xunto cunha Política Agrícola Comúb considerada inxusta, conforman un escenario cada vez máis inasumíbel para as explotacións.

Prezos xustos e medidas para frear a desaparición de granxas familiares

Á vista desta situación, as esixencias do Sindicato Labrego Galego (SLG) pasan por prezos xustos, políticas que freen a desaparición das granxas familiares, apoio ao relevo xeracional, redución da carga burocrática e un modelo agrario adaptado ao territorio e ás necesidades das persoas gandeiras. “Sen medidas urxentes, o rural galego corre un serio risco de colapso”, advirte a organización.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.