Destacados Vigo al minuto

Os nenos perdidos en Samil non acabarán no país de Nunca Xamais

niñosO alcalde e o máximo responsable da Policía Local, Carmelo del Castillo, presentaron hoxe un novo servizo municipal para minimizar o tempo de búsqueda dos país dos nenos extraviados nas praias de Vigo. Trátase dunha pulsera gratuita que os país xa poden solicitar nas casetas da Policía Local e da Cruz Vermella onde figura o nome do neno e un teléfono de contacto.

Cabalero e o xefe da Policía informaron de que os servizos policiais atenderon o pasado verán a preto de 80 nenos extraviados, e a Cruz Vermella estima estes casos entre cinco e dez diarios, e o tempo de espera ata atopar aos pais pode acadar as dúas ou tres horas.

A Policía Local e a Cruz Vermella, indicou o alcalde, porán a disposición das familias interesadas das pulseiras onde irá rotulado o nome do rapaz e o teléfono de contacto do titor responsable, para poder así contactar en caso necesario.

Abel Caballero eloxiou o traballo «cercano» dos efectivos da Policía Local de Vigo, tanto a pé como da brigada a bicicleta, que «da gran tranquilidade» aos usuarios das praias viguesas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.