Vigo al minuto

Os adxudicatarios das vivendas das Roteas se coñecerán logo do verán

Roteas/XuntaA delegada da Xunta en Vigo visitou as vivendas de promoción pública que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) ven de construír na zona de As Roteas, en Coruxo.

 Acompañada dos responsables da empresa de construción e dos técnicos do IGVS, a representante do Goberno galego realizou un percorrido polas vivendas, garaxes e local comercial dispoñibles para coñecer os traballos de construción e urbanización das 47 VPP que se levantaron nesta parroquia e que contan tamén cun parque infantil con dous zonas de xogos para nenos e nenas ata os 12 anos.

Lucía Molares comprobou así que as obras de edificación das vivendas están completamente rematadas e, en declaracións aos medios de comunicación, explicou que a construción destas vivendas supuxo un importante investimento que superou os 3,4 millóns de euros.

Por último, a delegada informou que o sorteo para coñecer o listado definitivo dos adxudicatarios destas 47 vivendas de promoción pública realizarase ao remate do verán, unha vez que xa se fixo público o listado provisional, e que a previsión, segundo os trámites administrativos correspondentes, é que as vivendas se poidan entregar aos seus propietarios no último trimestre do ano 2010.

 Vivendas de 2, 3 e 4 dormitorios

Das 47 vivendas que se construíron nas Roteas, 23 dispoñen de tres dormitorios e unha superficie útil de 80 metros cadrados. Outras 17 teñen dous dormitorios e 65 metros cadrados de superficie útil e 6 teñen catro dormitorios e 90 metros cadrados útiles. Finalmente, hai unha vivenda de dous dormitorios, adaptada para o seu uso por persoas con mobilidade reducida, polo que a súa superficie é de 90 metros cadrados aproximadamente. Tódalas vivendas contan con estar-comedor, cociña, baños, unha praza de garaxe e un trasteiro e distribúense en tres edificios que comprenden seis portais de tipo aberto, agrupados lineal e paralelamente.

Unha oferta de 400 vivendas

Por outra banda, Lucía Molares recordou que a estas 47 vivendas das Roteas, hai que sumar a oferta das 343 vivendas públicas de Navia. Así, ao longo deste ano 2010, o Goberno galego fai unha importante aportación na oferta de vivenda pública para a cidade xa que porá a disposición dos vigueses e viguesas un total de 400 vivendas públicas que, coma dixo a delegada territorial, “son moi necesarias para cubrir a ampla demanda”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.