Galicia

23 mortos e 1.824 feridos nas estradas galegas, este verán

Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 594 accidentes de tráfico

23 mortos e 1.824 feridos nas estradas galegas, este verán

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu 1.847 persoas por accidentes de tráfico durante o verán deste ano, desde as 15:00 horas do venres 27 de xuño ata as 23,59 horas do domingo 31 de agosto. Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 594 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 1.757. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 198 accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu en 16 ocasións;as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 1.412 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 131 accidentes.

En 1.558 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 266 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e 23 persoas faleceron no punto.


Outras novas


Como actuar ante un accidente de tráfico

  • Ante un sinistro na estrada, aparca o vehículo nun sitio seguro, afastado do accidente, e prender as luces de emerxencia.
    Antes de atender aos accidentados, adopta as medidas de seguridade axeitadas, para evitar poñer en perigo a súa vida.
    Lembra utilizar roupa reflectora de alta visibilidade e sinalizar o lugar do accidente coas luces de emerxencia regulamentarias.
    Chama canto antes ao 061, deste xeito, os médicos da Central de Coordinación indicaran que facer e como actuar ante os posibles feridos, ao tempo que os recursos asistenciais do servizo de urxencias sanitarias se están a desprazar ata o punto do sinistro.
    A persoa ou persoas que se atopan no lugar poden ser de grande utilidade porque canto máis datos se faciliten, máis se axudará aos profesionais da Central de Coordinación do 061.
    Facilitar o emprazamento exacto e correcto do lugar do accidente e precisar o estado dos feridos é fundamental para que se poidan enviar os recursos sanitarios necesarios que
    dependerán da gravidade do sinistro.
  • Así mesmo, e salvo que haxa perigo de incendio ou novas colisións, non se debe mover a ningún ferido, xa que poderían agravarse as súas lesións.

Te podría interesar