Imaxes: Paula Cermeño/ O Galician Freaky Film Festival arrancou a súa novena edición cunha fin de semana histórica que confirmou o crecemento constante do certame internacional de cine fantástico. A inauguración máis multitudinaria, un Pequefreak con cifras récord de asistencia e a presenza de convidados internacionais convertéronse nos grandes fitos desta primeira parte do programa, que encheu de cinema fantástico, humor e diversión as pantallas dos Cines Tamberlick na Plaza Elíptica.
Unha inauguración histórica
O festival abriu o venres 19 cunha dobre sesión de mad doctors, a temática central desta edición. O público abarrotou a sala máis grande dos Cines Tamberlick para gozar de Young Frankenstein (Mel Brooks, 1974) e Bride of Re-Animator (Brian Yuzna, 1990). As entradas esgotáronse, convertendo esta sesión na inauguración máis multitudinaria da historia do GFFF, cun público entregado que non dubidou en interactuar cos filmes.
Desde hai varios anos, o GFFF recuperación da fórmula da dobre sesión, inspirada nas antigas salas viguesas como o Avenida ou o Palermo, demostrou ser todo un acerto. O coloquio posterior co experto en efectos especiais Ricardo Spencer puxo o broche de ouro á xornada, permitindo descubrir os trucaxes e maquillaxes que fixeron destes filmes clásicos inesquecibles.

Eureka! e The Mistery of Missing Socks, gañadoras do Pequefreak
O Pequefreak, festival paralelo dedicado ao público infantil, viviu este ano a súa edición máis ambiciosa e exitosa. Por primeira vez, ampliouse a dúas xornadas —sábado 20 e domingo 21— e a resposta non puido ser mellor: dúas sesións colgaron o cartel de completo, as prazas para os obradoiros de efectos especiais esgotáronse rapidamente e a entrega de premios converteuse nunha auténtica festa familiar coa proxección de Cariño, he encogido a los niños.
Premio Olimpo dos Pequefreaks
foi para Eureka!, unha animación belga sobre dous extraterrestres que cruzan a galaxia para compartir coñecementos tecnolóxicos. Trátase do galardón á curtametraxe máis aplaudida, decidido pola reacción do público a través dun aplausómetro, un dispositivo creado polo propio festival que mide a intensidade e duración dos aplausos que o público dedica a cada curtametraxe. O resultado estivo tan axustado que os organizadores decidiron outorgar unha mención especial á curtametraxe eslovaca Hello Summer, de Martin Smatana e Veronika Zacharova.
E o Gran Premio Pequefreak, outorgado polo ilustrísmo xurado infantil, recaeu en The Mistery of Missing Socks, do director estoniano Oskar Lehema. A película narra unha aventura doméstica protagonizada por unha nena, o seu gato e un par de calcetíns de lá desaparecidos, e conquistou o corazón dos pequenos críticos polo seu humor e proximidade ao seu universo cotián.

Convidados internacionais
A dimensión internacional do GFFF quedou patente coa presenza de Rintaro Uekara (director) e Daisuke Niitome (músico), chegados directamente desde Xapón expresamente para presentar a súa curtametraxe Mackerel-man dentro do bloque Que Carallo é Isto?! do sábado. O festival recoñeceu a súa creatividade outorgándolles o Premio The Freakiest Director, ao director
Mackerel-man narra a historia dunha mensaxeira que recibe unha carta cada vez que entrega un paquete para o enigmático home con cabeza de rincha. A singularidade da proposta encaixou á perfección coa identidade do certame e reafirmou o carácter global do GFFF, que atrae obras e artistas de todo o mundo.
Outras novas
- Gondomar supera os 850 participantes nas actividades deportivas, culturais e de verán
- Brunch&Sunset para despedir el verano
- ¿Buscas trabajo?… estas ofertas pueden interesarte
- 23 mortos e 1.824 feridos nas estradas galegas, este verán
- O Galician Freky Film Festival arrasa na súa primeira fin de semana con tres récords
O festival continúa
Tras unha primeira fin de semana de éxito, o GFFF 2025 continúa a súa programación do 23 ao 27 de setembro na Praza Elíptica, con máis proxeccións de curtametraxes internacionais, charlas, exposicións e actividades especiais. O festival mantén tamén activo o seu Roteiro Gastronómico Freak, que leva o espírito friki aos bares da cidade con tapas temáticas creadas para a ocasión.
Toda a programación, así como a venda de entradas e abonos está dispoñible na web oficial: galicianfreakyfestival.com.