Deportes

O Porriño, capital galega do running

Acolle hoxe, Día Mundial do Alzhéimer, a CAE Interrunning, e o festival de música urbana SummerSon Jam,

O Porriño viviu esta mañá unha auténtica festa do deporte coa celebración da CAE Interrunning, que reuniu a 2.000 participantes de todas as idades nas rúas do centro urbano. A proba, que combinou a XIV Interrunning e a III Carreira de Empresas de Galicia, reafirmouse como unha cita imprescindible no calendario deportivo galego, cun forte compoñente solidario en apoio á Asociación Española Contra o Cancro, Aceesca e Afaga, coincidindo co Día Mundial do Alzhéimer, motivo polo cal tamén a casa do Concello alumearase este serán de cor verde.

A competición comezou coa tradicional Andaina Antonio Palacios de 8 quilómetros, seguida das carreiras de 5K e 10K, que deixaron grandes momentos de emoción e esforzo.

Os gañadores desta edición foron:

  • ● 5K masculino: Anxo Otero Amoedo
  • ● 5K feminino: Julia Vaquero Sousa
  • ● 10K masculino: Alejandro Fernández Rivera
  • ● 10K feminino: Uxía Pérez Bugarín

Tamén houbo espazo para os máis pequenos, cos tradicionais percorridos Pitufos e Chupetes, nos que
participou unha ampla representación infantil nun ambiente festivo e familiar.

O alcalde Alejandro Lorenzo destaca que “estamos ante un evento único en Galicia, que unifica deporte
popular, cultura empresarial e compromiso solidario, destinando parte dos fondos recadados a estas
tres entidades sen ánimo de lucro. A Interrunning é moito máis ca unha carreira, estamos moi orgullosos
de acoller un evento que promove hábitos saudables, visibiliza o compromiso social e dinamiza o centro
urbano do Porriño».

«After run party»

Trala entrega de premios, celebrouse a «after run party», aberta a todo o público, cunha combinación de
música, sorteos, regalos e gastronomía, grazas á presenza da foodtruck de “Galicia Sabe Amar”, que
ofreceu degustacións de peixe e marisco galego durante toda a mañá.
A actividade non remata aquí. A programación continúa ao longo do día con propostas para todos os
públicos. O festival de cultura urbana SummerSon Jam ofreceu esta mañá un workshop de hip hop
impartido pola recoñecida bailarina francesa Lindsay Badnes e a competición de beginners e pola tarde,
a partir das 16.00 horas, terá lugar a batalla de baile da categoría advanced. Namentres, as 19.30 horas,
na Praza Arquitecto Antonio Palacios, a compañía Pelele presentará o seu espectáculo de marionetas “A
morte de don Cristóbal”. E o concerto de Law, enmarcado na SummerSon Jam, ás 20.30 horas poñerá o
broche de ouro á xornada e a esta fin de semana festiva, antesala, da semana grande das Festas do
Cristo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.