Sofía e Mateo foron os nomes máis empregados para as nenas e nenos que naceron en Galicia durante o pasado ano 2024. Así o sinala o informe publicado hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). No mesmo sinálase, nunha listaxe de cincuenta nomes ordenados de maior a menor frecuencia, que os cinco máis empregados no caso dos nenos foron Mateo, Martín, Leo, Hugo e Lucas, mentres que para as nenas foron Sofía, Vega, Noa, Martina e Olivia.
En comparación co ano 2023, Mateo ocupou entón o primeiro posto dos nomes masculinos, seguido por Martín, Hugo, Leo e Enzo, atopándose Lucas no sexto lugar. No caso dos femininos, Noa foi o nome máis empregado, seguido por Sofía, Olivia, Martina e Valeria.
NENOS | NENAS |
2023 | 2024 | 2023 | 2024 |
Mateo | Mateo | Noa | Sofía |
Martín | Martín | Sofía | Vega |
Hugo | Leo | Olivia | Noa |
Leo | Hugo | Martina | Martina |
Enzo | Lucas | Valeria | Oliva |
Luca | Enzo | Vega | Lara |
Gael | Gael | Lara | Lucía |
Antón | Manuel | Mía | Mía |
Roi | Luca | Vera | Valentina |
Xoel | Roi | Daniela | Carmen |
Liam | Antón | Lía | Lía |
Outras estatísticas sobre nomes
O IGE tamén dispón na súa páxina web de información relativa aos nomes e apelidos da poboación que reside en Galicia atendendo á súa distribución municipal, concello e década de nacemento.