A Asociación Veciñal de Teis, organiza este o sábado 13 de setembro » Teis Fest» na praza da ETEA. Este é o oitavo ano desta celebración que, sinalan os representates veciñais, «ten varios obxectivos: que sexa unha xornada de convivencia entre a veciñanza, darlle uso e por en valor os terreos da antiga ETEA».
A festa veciñal terá un amplo programa de actividades que inclúe un xantar veciñal, concertos, animación infantil e festa da escuma, bar, etc.
Xantar veciñal
Unha das actividades máis importantes na festa, é o xantar veciñal que será ás 14:00 horas, para participar hai que anotarse no local da Asociación. Este ano vaise elaborar na propia festa, empanada, churrasco, sobremesa, bebidas e café. O prezo é de 25€ para socios/as e 30€non socios/as.
Aposta pola música local
Desde a Asociación, apostan pola música coa actuación da banda música UVCD Candean, Francisco Castro, o grupo folk Os Carunchos e o Va de Retro.
Animación infantil e festa da escuma
Durante a tarde do sábado haberá animación infantil e a festa da escuma a partir das 18:30 horas, a cargo de Barafunda.
Tamén en vigoalminuto
- El BNG vuelve a exigir que se paralice la torre de control remota de Peinador
- La Diputación pide al alcalde que le envíe el proyecto de Balaídos para garantizar el Mundial 2030
- Arrestados tras llevarse objetos por valor de 588€, en un establecimiento del centro
- La Xunta crea un fondo turístico para los tres aeropuertos: el dinero irá a promoción, no a aerolíneas
- Viajes a Cíes y Ons en Semana Santa, con salidas desde seis puertos
Programa
- 12:30 h. Banda de actuación UVCD Candean.
- 14:30 h. Xantar veciñal.
- 18:00 h. Exhibición de zumba.
- 20:00 h. Actuación » Francisco Castro «. *
- 22:00 h. Grupo folk » Os Carunchos».
- 23:30 h. Va de Retro. *
* No caso das actuacións de » Francisco Castro » e do grupo «Va de Retro», hai un cambio no horario, en relación ao que figura no cartel.





