Deportes

Éxito do Torneo 5×5 de Balonmán

Mobilizou a preto de 300 nenos e nenas pertencentes a unha trintena de clubs, ademais de un cento de escolares

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, celebrou o “éxito” que supuxo a celebración do Torneo 5×5 de balonmán en Vigo, que este xoves viviu a súa última xornada de competición no porto olívico. Un evento que converteu o Paseo das Avenidas nun escenario deportivo aberto entre o 5 e o 11 de setembro.

Luisa Sánchez destacou a gran acollida desta proposta, que mobilizou a preto de 300 nenos e nenas pertencentes a unha trintena de clubs, ademais de un cento de escolares. O campionato conseguiu igualmente achegar o balonmán á rúa, cun formato dinámico, atractivo e moi visual. “Foi un éxito polo alto nivel de participación pero tamén polo seu perfecto desenvolvemento. Factores ambos que proban o acerto que foi apostar por esta iniciativa. Conseguimos conectar á mocidade co deporte e o retorno que temos de clubs, deportistas e familias é moi positivo. Abofé que gozaron da experiencia”, explicou.

Popularidade e visibilidade

A competición, que celebrou este ano a súa segunda edición, levará agora o balonmán 5×5 a outras vilas como A Cañiza, A Estrada e Redondela, ampliando así o seu impacto e dando a coñecer unha disciplina que medra en popularidade e visibilidade, especialmente entre o público novo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.