Tras o éxito das máis de 30 concentracións celebradas por todo o país o pasado 21 de agosto contra a política forestal do Goberno galego a plataforma ‘Por un monte galego con futuro’ vén de anunciar a convocatoria dunha nova protesta, nesta ocasión para esixir a aplicación de medidas que eviten outra vaga de lumes e para reclamar un plan de choque con axudas urxentes para as persoas e as zonas afectadas polos incendios.
Tamén en vigoalminuto
- O Porriño enche a fin de semana de festas con música, teatro, tradición e deporte
- O TSXG condena o Sergas por vulnerar os dereitos fundamentais dun traballador
- El alcalde anuncia que Vigo reserva casi 400.000€ para la Cabalgata de Reyes y la megafonía de Navidad
- La Movida viguesa vuelve este sábado con una gran noche dedicada a Golpes Bajos
- Vigo e Nigrán entran en ‘medidas de prealerta’ ante o empeoramento da situación en Zamáns
- Empiezan a funcionar las Zonas de Bajas Emisiones: quién puede entrar, qué excepciones hay y cuándo empezarán las multas
Esta nova iniciativa da plataforma -integrada por máis de medio cento de asociacións, colectivos e organizacións e que naceu en 2018 para promover varias ILP de protección do bosque autóctono e de racionalización da xestión do monte e para amosar a súa oposición ao último Plan Forestal aprobado pola Xunta- consiste nunha manifestación nacional que terá lugar en Santiago o vindeiro domingo 14 de setembro, con saída dende a Alameda ás 12:00 horas.






