Coincidindo co peche das escolas infantís no mes de agosto, o Concello do Porriño está a acometer unha serie de obras ao igual que tamén se están a executar traballos de mellora no centro de día de Torneiros, cunha inversión total de preto de 80.000 euros.
Aproveitando este feito, o alcalde Alejandro Lorenzo e a concelleira de Política Social Teresa Veloso, acompañaron ao xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, nunha visita de comprobación do estado no que se atopan as obras.
“Estas melloras tan necesarias, redundarán nunha maior calidade dos servizos que ofrecemos ás familias do Porriño”, apunta Lorenzo quen subliña que a prioridade das mesmas é “garantir espazos seguros, accesibles e confortables tanto para os cativos como para os maiores”, un obxectivo o que “a
colaboración co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar está a ser clave”.
Torneiros
A visita concentrouse na parroquia de Torneiros, onde se localizan o centro de día de unha das Galiñas Azuis. Nesta última, estase a executar a maior das obras, cun orzamento de 47.790 euros, consistente na substitución da cuberta, deteriorada por un problema continuo de filtracións, e instalación dun equipo de climatizacións.
Pola súa banda, no centro de día, co fin de mellorar a seguridade, accesibilidade e funcionalidade do recinto, estase a colocar un novo peche perimetral, que supón unha inversión de 26.250 euros. Ámbalas dúas obras prevense que queden rematadas a vindeira semana, coincidindo, no caso da escola infantil co inicio do curso escolar.
Outras novas
- Detenido tras intentar clavar un cuchillo a un hombre durante una discusión
- Lo timos del ‘tocomocho’ o de la ‘estampita’, vuelven a las calles de Vigo
- 80.000€ para mellorar as escolas infantís e o Centro de Día do Porriño
- AER pide ‘reconducir’ o Entroido de Verán de Redondela
- Buscan a un joven de 19 años, desaparecido en Vigo
- Lluvia este miércoles y el jueves, por la noche
Tamén en Doantes de Sangue
Polo que se refire á Galiña Azul de Doantes de Sangue, no casco urbano, levouse a cabo a impermeabilización das fachadas e reparación interior dos danos causados polas humidades e filtración de auga. Neste caso os traballos, valorados en preto de 5.000 euros, xa están rematados.
A maiores destas obras realizáronse outras menores de mantemento das instalacións e mobiliario, co fin de garantir o bo estado das infraestruturas e ofrecer un entorno máis adecuado e acolledor para os 160 usuarios destes tres centros.
Estas actuacións abranguen reparacións eléctricas e de fontanería, revisión e axuste de peches interiores, reposición de mobiliario danado e labores de pintura en distintas estancias.