A Agrupación de Electores de Redondela (AER) pide ‘reconducir’ o Entroido de Verán. Nunha nota enviada aos medios, recoñece que foi unha marabillosa iniciativa que, dende a súa primeira edición, que so congregou a unhas poucas ducias de disfraces na praza da Constitución, pouco a pouco foi sumando participantes ata chegar á actualidade: “un evento totalmente desproporcionado, que en boa parte conserva o espírito inicial de festa alegre e desenfada pero que claramente ten un lado escuro que a alcaldesa semella non querer ver“.
Ao contrario, apuntan os responsábeis de AER: dende hai anos é o Concello quen organiza o Entroido de verán e a programación fomenta que a festa se desenvolva ata altas horas da madrugada e se traduza nun macro-botellón descontrolado. “Ademais, Rivas celebra que asistan ao Entroido decenas de miles de persoas. Miden o éxito dun evento pola cantidade de xente que asiste sen reparar no reverso da moeda: a determinadas horas do entroido, Redondela vólvese un territorio comanche onde todo vale”.
Repensar o Entroido
AER volve facer un chamamento a todas as forzas políticas para que, entre todos, se lle dea unha volta a esta Festa. “Dende AER defendemos que hai que manter o Entroido de verán en Redondela, unha idea realmente enxeñosa onde se trasladan as esencias do entroido tradicional a unha época cun clima máis favorable para o desfrute da festa e dos disfraces”.
Pero esa festa ten que ser compatible cun comportamento moito máis civilizado por parte dos asistentes, que non xeren os gastos de limpeza, de reposición de mobiliario urbano, etc. e, se cadra máis importante, que sexa compatible cos centos de persoas da nosa vila que queren descansar, que mesmo senten que son expulsados ese días das súas rúas e das súas prazas. Todo por mor do exceso en que se ten transformado o Entroido de verán.
Tamén en vigoalminuto
- Se sofres unha lesión no ximnasio do Berbés, recomendan que digas que foi na rúa
- Dani Fernández, Mikel Izal, Beret o Leire Martínez, este fin de semana en Vigo
- Detenido tras intentar clavar un cuchillo a un hombre durante una discusión
- Lo timos del ‘tocomocho’ o de la ‘estampita’, vuelven a las calles de Vigo
- 80.000€ para mellorar as escolas infantís e o Centro de Día do Porriño
- AER pide ‘reconducir’ o Entroido de Verán de Redondela
“Ti mancha, que xa limpamos nós”
En opinión da Agrupación de Electores, “é moi frustrante ver no que ten derivado o Entroido que poderíamos resumir en “ti emporca, que xa limpamos nós”. E o seu concelleiro de Vías e Obras, Roberto Villar, engade que “levo catro anos lidiando con esta festa e o que dixen no ano 2022 o volvo afirmar: as infraestruturas e o medio ambiente de Redondela non se pode permitir eventos coma este”.
Villar pon un exemplo: hai quen di que hai poñer máis contedores para que os participantes teñan onde botar o lixo do botellón. “Pois ben, este ano houbo 130 contedores que foron revisados ás 04:30h da madrugada do domingo e a inmensa maioría estaban sen encher e, destes, un gran número nin sequera chegaban a metade da súa capacidade. Cando ao seu arredor e por todo o chan estaba cheo de toneladas de lixo”.
Este evento non se pode regular con máis de todo
Para AER, a evolución do Entroido de Verán semella unha fuxida cara adiante. Cada vez asiste máis xente e os organizadores cada ano gastan máis: en grupos musicais que atraian máis público, en máis protección do entorno (valados e rafias para o peche de rúas parques, igrexas, etc.), en máis policía, máis protección civil, máis médicos, máis persoal e maquinaria de limpeza, máis baldeos, máis barreiras no río, máis contedores do lixo, máis aseos e unha longa lista de máis e máis medidas.
Á vista desta situación, a Agrupación de Electores defende que Redondela non pode seguir mantendo un evento que custa máis de 100.000€ de cartos públicos, no que “as rúas son convertidas nunha macro discoteca ao aire libre chea de ducias de barras con DJs que serven bebidas alcohólicas durante máis de 12 horas e miles de persoas con bolsas de botellón mercadas nos supermercados que acaban esparexidas por todo o casco urbano”.