Cultura

Todo listo para o comezo da 22ª edición do festival SonRías Baixas  

A partir deste xoves, 31 de xullo e ata o domingo, 3 de agosto

Esta mañá o Festival SonRías Baixas presentou en rolda de prensa e desde o recinto de As Lagoas, en Bueu, a programación para a súa vixésimo segunda edición.  

Ampliándose este ano a catro xornadas completas: desde o xoves 31 de xullo ata o domingo 3 de agosto, esperando superar os récords de asistencia que xa se bateron na pasada edición, reunindo a máis de 26.800 asistentes e xerando na zona un impacto económico de 2,3 millóns de euros.  

Á rolda de prensa, liderada por Jordi Lauren e Berta Domínguez (Dirección de SonRías Baixas), asistiron o director de AGADIC, Jacobo Sutil; o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez; a concelleira de Cultura do Concello de Bueu, Carmen García, e a xestora comercial de zona de Imagen Norte de El Águila, Tatiana Sofía González Carballo.  

Máis superficie…

Durante a súa intervención, Jordi Lauren adiantou algunhas das melloras estruturais coas que contará o SonRías Baixas nesta edición, como o aumento da superficie da zona de acampada –incorporando unha terceira parte-, que será indispensable para mellorar a mobilidade e asegurar a comodidade das persoas asistentes.   

…máis bandas…

Pola súa banda, Berta Domínguez, fixo fincapé na parte artística, explicando que o festival crece non soamente en espazo, senón tamén en número de días, que esta vez serán catro. O mesmo sucede con respecto ás bandas que pasarán polo Escenario Fest Galicia, o Escenario El Águila e o Escenario SonRías, superando as 30 nesta 22ª edición. Como punto a destacar, quixo lembrar que «unha banda como La Raíz despediuse en Bueu e tamén escolleu este escenario para volver«. «Estamos ante a edición máis completa do festival musicalmente falando», destacou, explicando que «bandas que comezaron tocando na Sesión Vermú como Grande Amore ou Marlena agora pasan ao escenario principal». Finalmente, reivindicou o traballo da organización á hora de contar con bandas e proxectos de primeira liña liderados ou participados por mulleres como Cariño, shego, Judeline, Delaporte, Sabela, Nena Daconte, Marlena, Pipiolas… etc.  

…máis innovación…

Jacobo Sutil, director da AGADIC, detallou o carácter estratéxico do festival por todo o que ofrece a súa experiencia completa tanto a nivel social como turístico e económico. Sutil tamén puxo en valor o espírito innovador e de constante renovación do evento, cualificándoo como «un festival referente para a Xunta de Galicia en áreas como mobilidade, sustentabilidade e apoio ás bandas galegas».   


Ademais en vigoalminuto


…e máis #RiasBaixasFest

Para finalizar, Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, valorou a combinación de estilos do cartel do festival, integrado dentro do circuíto dos #RíasBaixasFest que promove Turismo Rías Baixas. Quixo tamén destacar os valores comúns da Deputación e o festival como o compromiso co medio natural, o coidado da contorna, a posta en valor do territorio ou o traballo de concienciación contra a violencia de xénero. Ademais animou a todo o mundo a asistir porque «as Rías Baixas son sempre sinónimo de desfrute»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.