Comarcas

Preto de 9.000 persoas tomaron Porrigalia esta fin de semana

O Porriño pechou con éxito a IX edición dos seus Xogos Olímpicos

A novena edición de Porrigalia clausurouse este domingo cun gran éxito de participación. O Concello do Porriño estima que preto de 9.000 persoas asistiron durante o sábado 12 e domingo 13 de xullo a esta
festa única, que combina humor, historia e deporte nun ambiente festivo e familiar.

Probas olímpicas

Durante a fin de semana, maiores e pequenos participaron nas probas olímpicas ao estilo clásico, entre
as que destacaron: xogo da soga, salto de lonxitude, salto de altura, carreira de 50 metros, lanzamento
de peso, loita antiga
, carreira de sacos e as carreiras de carretillas.

As civilizacións participantes competiron entre si nun ambiente de diversión. O gran desfile olímpico de 9 comparsas — con máis de 150 romanos, castrexos, exipcios, gregos e galos — percorreu as rúas do
Porriño, encabezado pola Garda Romana (Legio X Gemina do Club Falcata). Figuras destacadas como
Tonhito de Poi e o Rei Castrexo Pepo Suevos, quen destronou ao alcalde durante os días de festa, tamén participaron no desfile. No acto do acendido da chama olímpica, o influencer Miguel Mandayo
pronunciou o pregón oficial e competiu nas probas deportivas fronte ao propio alcalde, Alejandro
Lorenzo.

Preto de 1.100 persoas participaron en total nas diferentes probas olímpicas e na competición infantil
Gladiator Kids, consolidando o evento como unha das citas deportivas e festivas máis importantes da
comarca.

Camiño do 10º aniversario

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destaca a importancia desta celebración que vai cumprir dez anos, «para o ano que vén, 2026, Porrigalia cumpre 10 anos de historia. Non son 10 anos celebrados de
maneira continua, senón que é unha festa que comezou no ano 2014, paralizouse en varias ocasións e
agora recuperouse para quedarse definitivamente”
. O rexedor adianta que «para o vindeiro ano imos facer historia da de verdade.»

Gladiator Kids e CrossGalia

Entre os momentos máis destacados estiveron a proba infantil Gladiator Kids, na que participaron máis
de 300 nenos e nenas de 3 a 10 anos
, demostrando habilidades nos circuítos de 500 e 800 metros instalados na praza 8 de Marzo; así como a exhibición deportiva CrossGalia, unha sesión espectacular de Crossfit celebrada na praza do Concello.

O mimo Karcocha, o arlequín contemporáneo que percorre o mundo enteiro, reuniu a milleiros de persoas durante o seu espectáculo. Non faltou a gran queimada, que correu a cargo do Rei Panoramix, e tampouco a entrega do bastón de mando que se realizou da man de Troula Animación co espectáculo Errantes.

Voos de cetraría, showcooking e música

Ademais, foron moi populares as actividades complementarias, como as exhibicións de voos de cetraría;
o showcooking en directo, a cargo do cociñeiro Xulio Mato; e a constante animación na rúa con charangas e batucadas como Anchoa, Lenha Verde, Miúdos, Fanfarria Furruxa, Os Caliqueños, Turres
Band, Sacacorchos e Os Vikingos. A música foi un dos piares do evento, cunha programación que incluíu
concertos de bandas como Pink Porris, Kabrönes, Os Mendigos, Louband, Hijos del Tercer Acorde e Ortiga, ademais de sesións de DJ para pechar cada xornada. A programación musical incluíu tamén
concertos pensados para o público infantil, con actuacións de Brais das Hortas, a Orquestra de Camarote
e o Grupo Oviravai

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.