O goberno da Deputación de Pontevedra destinou nos dous primeiros anos de mandato máis de 40 millóns de euros a manter en óptimas condicións a rede de 1.700 quilómetros de estradas provinciais. “Cando o presidente, Luis López, me encomendou dirixir a área de Infraestruturas Públicas insistiu en non
escatimar recursos para garantir que estas vías, imprescindibles na vertebración dun territorio como o noso, sexan as máis seguras da provincia”, remarcou a deputada provincial Belén Cachafeiro.
Convenios cos concellos
Neste eido, a deputada provincial lembrou que “nestes dous anos asinamos convenios con 19 concellos da provincia valorados en 17 millóns de euros, así como contratamos 43 obras en 30 concellos por valor doutros 12 millóns de euros e temos outras sete actuacións en fase de contratación que ascenden a 4,5 millóns de euros”.
En liñas xerais, trátanse de obras para recuperar espazos públicos e mellorar a mobilidade peonil e a seguranza viaria, así como para actuacións de urbanización e remodelación de vías provinciais, para reparar pasarelas, crear sendas peonís, repoñer firme, realizar reparacións e construcións de muros de contención e pontes, mellorar beirarrúas e noiros, ou realizar ensanches e ampliacións, proxectos de urbanización e melloras da drenaxe e da sinalización.
Tamén en vigoalminuto
- Sanidad distribuirá preservativos gratis en farmacias para jóvenes de 16 a 22 años
- Casi 8.000 personas dejan Povisa para pasarse al Álvaro Cunqueiro: el cambio que sacude el mapa sanitario de Vigo
- El BNG acusa a Caballero de ignorar 40.605 quejas de los vecinos de Vigo
- Comprar vivienda en Galicia cuesta mucho más: los precios se disparan por encima de la media española
- Un morto e máis de medio cento de feridos nas estradas galegas, esta fin de semana
- El viejo timo que nunca muere: la Policía alerta del regreso del ‘tocomocho’
6,5 millóns máis
Estes recursos, ademais, complétanse con outros 2 millóns de euros para a execución de beiravías de
seguridade nas estradas provinciais da provincia e tamén con 4,5 millóns destinados a actuacións de
conservación de firmes na rede viaria provincial.






