A Xunta-con 600.000€-, a Deputación de Pontevedra -con 660.000€- e o Concello de Mos, colaboran na remodelación da avenida de Puxeiros e da avenida do Rebullón, cun investimento conxunto de preto de 1,3 millóns de euros. Así, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co presidente do organismo provincial, Luis López, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, colocaron a primeira pedra das obras.
Neste senso, a conselleira subliñou esta “cooperación institucional que permite unha actuación fundamental para seguir a dinamizar” Mos e que transformará a contorna urbana deste concello nun espazo máis accesible, verde e adaptado ás necesidades dos cidadáns.
Pola súa banda, Luis López salientou que a colaboración do ente provincial co Concello non se reduce unicamente a obras en estradas e este ano, ao abeiro dos plans de Cooperación aprobados polo goberno provincial, como o +Provincia, o Plan Extra e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, «a Deputación investirá en Mos máis de 2 millóns de euros».
Tamén en vigoalminuto
- Teatro Playback convierte Churruca en un escenario donde el público también cuenta la historia
- Bajan las temperaturas y no hay lluvia a la vista
- Ojo, puede tocarte estar en una mesa electoral: el sorteo se celebra este lunes
- Dos heridos graves en un violento choque entre un coche y una moto en O Rosal
- Frenazo al parque canino de Barreiro: los vecinos tumban la licitación y exigen cambiar el proyecto
- A Xunta Electoral advirte a Rueda por utilizar unha visita a Vigo para facer propaganda da súa xestión
O proxecto abrangue a remodelación dun tramo de 170 metros da avenida de Puxeiros e outros 125 metros da avenida do Rebullón, nas que se incrementará o espazo para uso peonil e dotarase ao ámbito de máis zonas de estancia e esparexemento, espazos con xardíns, con novo mobiliario urbano e nova iluminación. A previsión é que estean rematadas no vindeiro ano 2026.






