Dende este marte, está en funcionamento o novo servizo de autobús que conecta diariamente O Porriño con Praia América e que operará durante todo o verán. Os autocares de Lugove circularán todos os días da semana -tamén domingos e festivos- e as saídas serán ás 15:00 horas desde a parada situada na Avenida de Galicia, con chegada prevista a Praia América (Rúa Rans) ás 15:30 horas. O regreso farase ás 20:30 horas desde o areal, chegando ao Porriño ás 21:00 horas.
Tamén en vigoalminuto
- A Xunta Electoral advirte a Rueda por utilizar unha visita a Vigo para facer propaganda da súa xestión
- Vigo pierde población en verano, pese al turismo: nos vamos de vacaciones fuera de la ciudad
- Detenido tras robar en un bar de A Guarda, mientras disfrutaba de un permiso penitenciario
- Una nueva competidora de la sardina aparece por primera vez en Galicia
- Oficial y Caballero
- De Fito a Mozart, pasando por la Santa Compaña: tres días para salir de casa
Este novo é unha realidade logo das xestións realizadas polo Goberno municipal ante a Consellería de
Mobilidade, co obxectivo de «facilitar os desprazamentos á praia e promover o uso do transporte público
durante os meses de verán».
Dende o Concello animan á veciñanza a facer uso desta nova liña, que «permitirá gozar da praia de
forma máis cómoda, económica e sen preocupacións polo transporte«.






