O Concello do Porriño vén de publicar as bases reguladoras para a convocatoria das Becas Antonio Palacios 2025, dirixidas ao alumnado do municipio que obtivese os mellores expedientes académicos na PAU. Con esta iniciativa, o Concello quere recoñecer o esforzo e a excelencia do alumnado de 2o de Bacharelato que acadou as mellores cualificacións na Proba de Acceso á Universidade.
15 axudas de 300 euros
Concederanse un total de 15 axudas de 300 euros cada unha, destinadas a apoiar os estudos
universitarios do alumnado con mellores resultados. A selección do alumnado realízase atendendo a
unha nota igual ou superior ao 8,5 na fase xeral da PAU.
Prazo
Este martes, 1 de xullo, ábrese un prazo de 15 días hábiles para que as persoas interesadas presenten a súa solicitude a través do Rexistro do Concello, xunto coa documentación requirida, que se detalla nas propias bases. O texto completo das bases pode consultarse na páxina web do Concello, oporrino.org.
Tamén en vigoalminuto
- Luis Bar Boo: el vigués que murió a manos de Clint Eastwood y se convirtió en Conan
- Desalojo y demolición de dos casas para cerrar un foco de drogas en Sanguiñeda
- Cuatro heridos en dos accidentes de tráfico en Mos y O Porriño
- SIT-FSI mantiene una amplia mayoría en las elecciones sindicales de Stellantis Vigo
- Cuatro coros toman la Porta do Sol para despedir a temporada cultural
- Carolina Leiras cumpre 100 anos no Porriño tras unha vida entre a costura e as viaxes polo mundo
Entrega
A entrega simbólica destas becas terá lugar nun acto institucional nos vindeiros días, co obxectivo de homenaxear ao alumnado galardoado e poñer en valor o papel dos centros educativos e das familias no proceso formativo. As becas levan o nome de Antonio Palacios, arquitecto porriñés de renome, como símbolo do compromiso da vila do Louro coa cultura, o coñecemento e a formación. O Porriño continúa así a súa «aposta decidida pola educación de calidade».






