Cultura

Os monólogos R regresan con “A penúltima” de Carlos Blanco

Ao Auditorio Mar de Vigo, este sábado día 31 ás 20:30 h.

Os monólogos R regresan con “Apenúltima” de Carlos Blanco

Como nunca se sabe cando será a vindeira actuación, Carlos Blanco vai por “A penúltima” e, de paso, ponlle nome ao espectáculo que marca o inicio dunha nova edición dos monólogos R.

O prolífico actor chega desta volta con imaxes e historias novas e vellas, pero co denominador común dos risos garantidos. No escenario, Carlos Blanco convocará orquestras, viaxes, idiomas, frases do cine e da tele, e mesmo procesións insólitas do seu imaxinario infinito, ao que xa nos ten moi afeitos. Humor intelixente, anecdotario popular e vivencias sempre vinculadas a Galicia.

Así, o pano dos monólogos R sube de novo no auditorio Mar de Vigo. Regresa un espectáculo que, dende hai dezasete anos, conducido por actores e actrices moi populares, fai rir a milleiros de persoas das catro provincias galegas.

Nin kiwis, nin ‘galiZaras’, nin porno en galego

E que ninguén agarde explicacións (ou si) de como se dobraron ao galego algunhas pelis americanas, de por que os/as vellos/as do rural sempre ofrecen kiwis a quen pasan polas súas casas ou de que é iso dos GaliZaras, temáticas recorrentes doutros espectáculos do actor.


Tamén en vigoalminuto


Semella que “A penúltima” vai por camiños alternativos (aínda que con Carlos Blanco nunca se sabe). O que si se pode asegurar é que setenta minutos co humorista resultan sempre escasos, divertidísimos, terapéuticos e imprescindibles. “A penúltima” chega este ano e xa veremos que acontece despois.

O obxectivo, coma sempre, relatar, parodiar, reflexionar e cuestionalo todo para facer pasar unha tarde de diversión á audiencia dos monólogos R. Nesta nova edición haberá, ademais, algunha novidade inesperada que seguramente collerá desprevido o público. E ata aquí pódese ler.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.