Comarcas

Luis López convida a participar na Feira do Requeixo e do Mel das Neves

«Para descubrir o paraíso interior das Rías Baixas»

Luis López convida a participar na Feira do Requeixo e do Mel das Neves

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, convidou hoxe a toda a cidadanía da provincia e ás persoas que visitan as Rías Baixas a asistir os vindeiros 18 e 19 de abril á Feira do Requeixo e o Mel das Neves, para «descubrir o paraíso interior da provincia».

Fíxoo na presentación da 32ª edición desta festa de interese turístico de Galicia, na que tamén participou a deputada de Turismo, Nava Castro; e o alcalde das Neves, que tivo lugar no recentemente reformado mercado municipal.

“O requeixo e o mel das Neves son xa un emblema da nosa cultura e gastronomía. Convido a todo o mundo a que se achegue o vindeiro mes de abril ata As Neves porque xa se sabe: quen proba ás Rías Baixas, sempre repite, afirmou o mandatario provincial.


Tamén en vigoalminuto


Reto demográfico

López salientou a importancia das festas gastronómicas como motores para impulsar a economía local e o turismo, pero tamén, especialmente en municipios como As Neves, para facer fronte ao reto demográfico. «Trátase dun evento que dinamiza a economía local, que atrae visitantes de dentro e fóra das nosas fronteiras e dunha celebración que consolida e enriquece ás Rías Baixas como destino turístico gastronómico».

Neste punto, argumentou López, que o reto demográfico é un asunto no que Deputación e Concello están concienciados para o que o goberno provincial ten en marcha accións específicas como a creación dun departamento especializado, a inclusión do criterio demográfico no reparto de fondos do +Provincia ou a posta en marcha de programas de dixitalización como o “Hub contra a fenda dixital”, que se realizou neste concello e agora se expande ao resto da provincia co programa +Reto Dixital.

Promoción das Rías Baixas

Celebracións coma a das Neves contribúen tamén a avanzar na estratexia de promoción das Rías Baixas que ten en marcha a Deputación consistente na descentralización do destino e na posta en valor dos atractivos turísticos dos 61 concellos que compoñen a provincia, especialmente os do interior. “Calquera motivo é bo para achegarse ao paraíso interior desta provincia. E a Festa do Requeixo e o mel das Neves é unha celebración que fala de nós, das nosas tradicións, do noso variado programa de festas gastronómicas e da calidade do noso produto e da exquisitez do noso produto”, subliñou o presidente.

Finalmente, o presidente do organismo provincial repasou tamén as liñas de colaboración abertas entre a Deputación e o Concello. Máis aló do apoio a esta feira gastronómica, o impulso ao turismo ou as accións centradas no reto demográfico, a Deputación ten previsto investir este ano no Concello das Neves un total de 1,21 millóns de euros a través de programas de cooperación como o +Provincia, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ou o novidoso Plan Extra.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.