O alcalde anunciou hoxe o un «extenso» programa de actividades para conmemorar o centenario da doazón do Pazo de Castrelos, con exposicións no Museo Municipal Quiñones de León, na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego e na Casa das Artes.
Quiñones de León
Acollerá máis de 20 actividades, que finalizarán o 19 de setembro coa apertura da exposición do pazo:
- martes 11 de marzo haberá unha ofrenda floral, concerto de dúo e arpa, e cóctel, no xardín do pazo ante o busto do marqués
- venres 14 de marzo terá lugar a xornada formativa, organizada coa Fundación Juana de Vega, sobre xardíns históricos: “O Pazo de Castrelos: unha experiencia práctica na xestión e restauración dos xardíns históricos
- de marzo a setembro haberá 10 visitas teatralizadas, os domingos pola mañá.
- tamén están programadas cinco xornadas divulgativas sobre “O Pazo de Castrelos: evolución e transformación dun espazo singular”.
- a elas súmase a de “Vídeo mapping”: unha experiencia multimedia sobre a historia do pazo, en data por determinar
- así mesmo, está previsto o ciclo de concertos no exterior: “Cen anos de música”, con interpretación dalgúns dos xéneros máis populares
- antre as novidades destaca o verán de cinema sobre a herba, coa proxección de clásicos sobre as elites sociais e a súa arquitectura
- o Nadal chegará a Castrelos de forma singular, coa recuperación do costume dos marqueses de instalar unha árbore que podía ser visitada pola veciñanza
Tamén en vigoalminuto
- El Congreso tumba los dos decretos de vivienda y deja en el aire la protección de los alquileres
- Una explosión deja cuatro heridos, uno muy grave, en una cantera de O Porriño
- La Guardia Civil investiga a una persona que podría haber enterrado vivos a dos cachorros
- Sánchez reclama al Gobierno avances en la A-52 a Porriño, más de un año después de las últimas explicaciones
- 2 millones de euros para tapar las filtraciones y las grietas del Concello
- Galicia concentra o 12 % dos centenarios de España pese a representar só o 5,6 % da poboación
Pinacoteca Fernández del Riego
Están programadas dúas exposicións: “Yrene Ceballos. Relato verídico da viúva de Policarpo Sanz” e “Concello de Vigo. Cen anos de coleccionismo de Arte Galega”, a partir de outubro.
Na Casa das Artes
Tamén haberá dúas exposicións: “Concello de Vigo. Cen anos de coleccionismo de Arte Galega, a partir de outubro, e “Luis Torras. O pincel persistente”, aberta desde abril a maio.
A entrada en funcionamento dos servizos educativos facilitará incorporar ao programa do centenario distintas actividades dirixidas a todos os públicos, como visitas guiadas, itinerarios temáticos, talleres ou xogos de pistas.






