O Concello de Tui vén de iniciar as obras de urbanización do Paseo da Corredoira e da rúa Augusto González Besada, unha intervención destinada á recuperación deste espazo como punto de encontro e convivencia, garantindo a mellora da mobilidade peonil, a integración urbana e a renovación das infraestruturas nunha contorna histórico.
Trátase da Fase 1 dun proxecto que conta cun investimento de 1.165.581,54 euros, financiado con cargo do programa PON2030 da Deputación de Pontevedra. O prazo de execución estimado é de 8 meses.
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, salienta que «con esta actuación recuperamos un dos espazos máis emblemáticos da nosa cidade, transformándoo nun lugar máis accesible, amable e adaptado ás necesidades actuais da veciñanza. Apostamos por un modelo máis sostible, no que as persoas sexan as protagonistas do espazo público».Cabaleiro salienta que esta actuación redunda tamén positivamente no tecido comercial e de restauración situado neste céntrico paseo.

Substitución do adoquinado
A actuación abrangue a substitución do adoquinado na antiga zona de estacionamento do tramo sur, na marxe oeste, por lousa de granito. Así mesmo, procederase ao acondicionamento do acceso ao Paseo da Corredoira desde a rúa Ordóñez, creando un espazo diferenciado que disporá dunha zona de carga e descarga e dunha área de estancia con arborado. O proxecto contempla tamén a renovación integral das redes de saneamento e abastecemento, coa instalación dun colector para a recollida separativa de augas pluviais e fecais, o que permitirá dar solución aos problemas recorrentes de evacuación de augas nos inmobles da zona.
Tamén chegara á Praza da Inmaculada, mediante a construción dunha plataforma única e a adecuación das súas condicións de accesibilidade mediante ramplas de acceso ao edificio onde está situada a Policía Local. Por último, se mellorará o pavimento de toda a súa contorna abranguendo un tramo da rúa Rosa Bahamonde e a súa travesía.
Tamén en vigoalminuto
- Quince años después, Iván Ferreiro recupera Castrelos con un concierto para la memoria de Vigo
- Alerta roja por calor en en interior de la provincia de Pontevedra
- Viva Suecia convierte Castrelos en un coro de miles de voces
- La Praia da Punta seguirá sin baño tras volver a dar positivo los análisis del agua
- Las redes sociales ayudan a localizar a un joven que partió la mandíbula a un menor
- Alerta por escasez de agua en el Área de Vigo: Augas de Galicia activa medidas en Baiona
Rúa Augusto González Besada
Na rúa Augusto González Besada establecerase unha plataforma única con prioridade peonil, elevando a cota ao nivel das actuais beirarrúas. A circulación rodada terá sentido único oeste-este, cun ancho de 3,2 metros en adoquinado de granito. Nos laterais habilitaranse prazas de estacionamento organizadas en bloques de dúas, incluíndo espazos reservados para persoas con mobilidade reducida e áreas de carga e descarga. Ademais, ao longo de toda a rúa disporase un paseo arborado e novo mobiliario urbano.
Dado o carácter histórico da zona, o proxecto prevé tamén a realización de sondaxes e estudos arquitectónicos que permitan preservar e poñer en valor o patrimonio existente.






