A Deputación de Pontevedra abre este luns, 3 de marzo, o prazo para participar no programa de Campamentos A Lanzada de 2025, que oferta 1.540 prazas para nenos e nenas empadroadas na provincia e nados entre os anos 2012 e 2017.
Ata o 21 de marzo poderá solicitarse unha das prazas para que a rapazada goce deste programa de lecer, que se desenvolverá nas instalacións que a institución provincial ten no Grove a través de 11 quendas semanais, de domingo a sábado, con 140 prazas en cada unha, e que se desenvolverán entre o 22 de xuño e o 6 de setembro.
Quendas
A primeira das quendas dos Campamentos A Lanzada comezará o 22 de xuño e estenderase ata o 28 dese mesmo mes. As restantes terán lugar entre o 29 de xuño e o 5 de xullo; o 6 e o 12 de xullo, o 13 e o 19 de xullo, o 20 e o 26 de xullo, o 27 de xullo e o 2 de agosto, o 3 e o 9 de agosto, o 10 e o 16 de agosto, o 17 e 23 de agosto, o 24 e o 30 de agosto, e o 31 de agosto e o 6 de setembro, se ben a duración da derradeira quenda estará condicionada á data de comezo do curso escolar 2024-2025 que publicará a Xunta.
Tamén en vigoalminuto
- El Congreso tumba los dos decretos de vivienda y deja en el aire la protección de los alquileres

- Una explosión deja cuatro heridos, uno muy grave, en una cantera de O Porriño

- La Guardia Civil investiga a una persona que podría haber enterrado vivos a dos cachorros

- Sánchez reclama al Gobierno avances en la A-52 a Porriño, más de un año después de las últimas explicaciones

- 2 millones de euros para tapar las filtraciones y las grietas del Concello

- Galicia concentra o 12 % dos centenarios de España pese a representar só o 5,6 % da poboación

210 prazas reservadas a menores en risco de exclusión
Do total de 1.540 prazas ofertadas, 1.330 adxudicaranse polo procedemento xeral, mentres que outras 210 quedarán reservadas para menores en situación ou risco de exclusión. Neste último caso, a subvención cubre o 100% do gasto, mentres que para os admitidos no procedemento xeral o ente provincial subvenciona 130,93 euros do custo por persoa, polo que as familias terán que abonar 110 euros e, no caso das familias numerosas e monoparentais, 80 euros por praza.
As prazas adxudicaranse por sorteo mediante un algoritmo informático, no que o ano pasado participaron un total de 3.966 nenos.
Actividades
A Deputación oferta a través dos Campamentos A Lanzada un programa de actividades destinado a
favorecer a igualdade, a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a
lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza, así como a dinamización e o coñecemento
multicultural da contorna. Ademais, tamén se organizarán visitas á illa de Ons e outras excursións relacionadas coa natureza e co coidado do medio, así como o xa tradicional obradoiro para escoller a
mascota oficial do programa. De feito, a imaxe desta edición dos Campamentos é o León Ramón, mascota gañadora dos Campamentos A Lanzada 2024.
