Comarcas

A “forza interior” das Rías Baixas atractivo turístico para este 2025

Presentado hoxe por lo presidente da Deputación en FITUR

A “forza interior” das Rías Baixas atractivo turístico para este 2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou en Fitur a campaña de promoción do destino turístico Rías Baixas. Unha campaña que, como informou vigoalminuto, leva por lema “Cando Volves?” e que pon o foco no interior da provincia.

“Partimos do convencemento de que o río, o val ou o cocido son tan Rías Baixas como a ría, a illa ou a
batea
. Todo forma parte desta provincia extraordinaria e merece ser atendido en igual proporción. Algo
que xa figura na nosa folla de ruta para o turismo, que é a Estratexia Rías Baixas Turismo 61, que inclúe aos 61 concellos da provincia”
, explicou o presidente provincial o sentido dunha presentación á que asistiu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, así como outros membros do goberno provincial, rexedores de distintos concellos da provincia e representantes do sector turístico.

Hospitalidade

Nun acto celebrado no stand de Turismo de Galicia e dirixido pola xornalista Noa García o presidente Luis López, comezou a presentación coa proxección da peza promocional da campaña “Cando Volves?”. Unha obra audiovisual na que os lugares do interior da provincia teñen todo o protagonismo. “Esta campaña tamén fala da nosa hospitalidade, do carácter acolledor da nosa xente. Refírese a ese turismo recorrente de quen se sinte un veciño máis. Con todo, aínda queda moito da provincia por descubrir e queremos convidar á xente a facelo en diferentes ocasións ao longo de todo o ano”, sinalou o presidente.

Sempre hai boas razóns para volver

Luis López salientou que un dos obxectivos que persegue a estratexia turística da Deputación, que é a desestacionalización do destino. E os argumentos para acadalo son variados. “Rías Baixas é a viaxe que nunca remata. A actividade no interior das Rías Baixas non pausa cando termina o verán. Chega a vendima, despois o magosto, o Nadal, o Entroido, logo florece a camelia, temos os nosos castelos, un enoturismo e un turismo deportivo espectaculares; e a nosa gastronomía acompaña eses cambios de estacións. Agora é época dun cocido en Lalín, pronto chegará a lamprea… Sempre hai boas razóns para volver”, enumerou Luis López unha longa lista de atractivos que identifican o interior da provincia para dar paso á segunda peza audiovisual da campaña, centrada en experiencias 100 % interior das Rías Baixas.


Ademais en vigoalminuto


Destino líder

Uns atractivos propios da provincia de Pontevedra que están a facer das Rías Baixas un destino líder. A
provincia de Pontevedra acapara xa un terzo dos visitantes que chegan a Galicia, é o destino favorito da España verde que compoñen País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia e está a chamar a atención dun turismo internacional que no pasado verán medrou nun 25%.

“Rías Baixas é un destino consolidado, que este ano presentou uns datos inmellorables de liderado. Se preguntamos aquí mesmo, en IFEMA, comprobaremos que moitas persoas de todo o país xa nos visitaron e que unha boa parte delas está deseando volver”, asegurou o dirixente provincial.

Experiencias 100 % interior Rías Baixas

Este acto en Fitur serviu tamén para introducir unha serie documental que se estrará nas canles de Turismo Rías Baixas e que terán como obxectivo amosar as infinitas posibilidades que ofrece o interior da provincia, desde escapadas para observación de estrelas, ata termalismo, pasando por observación de aves, turismo activo e de aventura ou interpretación de petróglifos. “O abano de posibilidades é inagotable”, remarcou López.

Emblema

A presentación da campaña de Turismo Rías Baixas en Fitur rematou desvelando o emblema da campaña,
un produto tradicional do interior da provincia e sinónimo de calidade, artesanía e innovación. Unha cunca conmemorativa elaborada no taller da artesana viguesa Olalla Lojo. “A cunca é tradición, transpórtanos ás Rías Baixas de onte, pero nun hoxe sustentable e coidado”, expuxo o presidente antes de ofrecer un terceiro vídeo, neste caso sobre a elaboración destas cuncas e o seu simbolismo.

Despois de amosar o seu agradecemento pola expectación que motivou a presentación da campaña
turística das Rías Baixas, Luis López pechou o acto lanzando unha cuestión ao aire. “Quen vén repite, quen
proba, quere quedar e quen viaxa, sinte a forza do noso interior. Así que só queda preguntar, cando
volves?”

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.