Comarcas

Remata a recuperación do ‘Templete de Palacios’ no Porriño

O mesmo día do 151 aniversario do nacementodo arquitecto

Remata a recuperación do 'Templete de Palacios' no Porriño

A Xunta rematou os traballos de restauración do templete de San Luis no Porriño, tras un investimento de máis de 260.000 euros para recuperar a obra do arquitecto Antonio Palacios que foi acceso á primeira liña da rede de Metro de Madrid e que se trasladou a este concello no ano 1970. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, durante a visita a este ben coincidiendo co 151 aniversario do nacemento do urbanista en 1874.

Tal e como subliñou o responsable de Cultura do Goberno galego, con esta actuación “recupérase para a súa merecida posta en valor unha obra emblemática dunha figura imprescindible e de referencia, tanto na arquitectura como no urbanismo de Galicia e España”, enxalzou.

Pola súa banda, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, engadiu que «é un pracer visitar estas obras do Templete de San Luis, unha das máis importantes que ten o noso concello, e o feito de que poñamos en valor como nunca a figura do noso ilustre arquitecto con toda unha programación de actos nos que se enmarca esta obra é importante”. Lorenzo apuntou que “a obra está sen rematar e poder inauguralo co parque completo”.

Posta en valor dentro do Camiño Portugués

As obras buscaron acadar un espazo axeitado co obxecto de “mellorar a súa presenza no lugar e pór en valor a peza, ao tempo que se lle devolve o seu carácter arquitectónico”. Ademais, precisou que se repararon os danos nos elementos constructivos cunha cuberta e cun chan que facilite a súa conservación.

O conselleiro salientou o feito de que o templete está situado na entrada do Camiño Portugués ao seu paso polo Porriño, “razón pola que se tivo en consideración o seu emprazamento singular á hora de definir a intervención”, destacou.

Este proxecto completouse cunha cuberta para protexerlo das inclemencias meteorolóxicas e dar acubillo a posibles actividades, coa instalación dun elemento de vidro semellante ao cartel orixinal da parada do Metro e a incorporación cun novo sistema de iluminación de presenza e ornamental. Por último, co fin de axudar a entender á veciñanza e visitantes o que foi esta edificación, reflectiuse no despece do pavimento e marcouse a proxección da antiga marquesiña cun cambio de textura.

Construído en 1919

O templete foi construído en 1919 por Antonio Palacios para acceder á estación de Metro na Gran Vía en Madrid. Está incluído no proxecto que lle encargou en 1917 a Compañía Metropolitana e que comprendía o deseño e a decoración de todos os espazos interiores e exteriores da liña Sol-Ventas.

A construción orixinal contaba cun ascensor no seu interior que quedou en desuso despois de colocarse as escaleiras mecánicas. Isto acelerou a súa desmontaxe en 1970. Foi posteriormente enviado ao Porriño por ser a cidade natal do arquitecto, despois de varias alternativas para a súa localización en Madrid e na actualidade está colocado no Campo da Feira.

Tirada especial de Lotería Nacional na honra a Antonio Palacios

Precisamente, coincidindo co 151 aniversario do nacemento do arquitecto porriñés o Concello do Porriño presentou o primeiro décimo na súa honra. E é que a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre emitirá unha tirada especial de Lotería Nacional coa imaxe da Casa Consistorial. O décimo, para o sorteo do 30 de xaneiro, presentouse nun acto no que se sopraron as velas dunha torta e se festexou o aniversario cun brindis. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.