Galicia

Convocada folga indefinida na CRTVG

Comezará os días 7, 9, 11 e 14 e de non haber acordo seguirá xa constantemente dende o 16

Convocada folga indefinida na CRTVG

Os traballadores da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) aprobaron en diferentes asambleas a proposta de folga indefinida proposta porlo Comité de Empresa para esixir que remate a externalización da programación e a recuperación do diálogo que permita a participación dos profesionais da compañía nas decisión que afectana as súas condicións de traballo. 

Días e horas

A folga, comunicada á Dirección da RTVG e aos responsábeis da Administración laboral, comezará os días 7, 9, 11 e 14 do mes que vén. Se nesta derradeira data non houbese un acordo, pasará a ser indefinida dende o mércores 16 outubro.

O horario dos paros será de 11:30 e as 13:00 h. cando se emite o O Termómetro – cun custo de 16.000€ diarios- que sucedeu ao programa de produción propia A Revista –que levaba máis de 20 anos de emisión–.

Lei de Servizos de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual

A folga convócase nun momento especialmente delicado para a radio e televisión públicas, logo de coñecerse o anteproxecto de Lei de Servizos dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual, presentado polo Goberno galego.

Os sindicatos, e unha grande parte dos profesionais, consideran que é un paso definitivo para «transformar por lei xa directamente a radiotelevisión galega no maior órgano de propaganda do Partido Popular da Galiza, unha burla á democracia que, de prosperar, tamén será enfrontada con contundencia polos seu profesionais».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.