Comarcas

O Concello de Redondela pon en marcha un Obradoiro de Interpretación

O custo é de 79,5€ e a inscrición é dende o 18 de setembro ao 2 de outubro

O Concello de Redondela pon en marcha un Obradoiro de Interpretación

O Concello de Redondela organiza para o curso 2024/25 un Obradoiro de Interpretación, unha actividade dirixida ao público a partires dos 12 anos de idade.

A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez Táboas, explica que este obradoiro, ademais de formar ao alumnado nas artes escénicas e a comunicación, “servirá tamén para poñer en valor os recursos patrimoniais de Redondela”. A edil sinala que “tanto o patrimonio material como inmaterial do municipio estarán moi presente neste obradoiro, dando protagonismo a fitos como a Batalla de Rande ou a figura das Madriñas de San Simón”. Pérez Táboas lembra que noutras ocasións téñense feito traballos para dar a coñecer o patrimonio industrial da vila, “como no caso das traballadoras do téxtil da fábrica de Regojo”.

Quendas e horarios

No obradoiro estableceranse dous grupos «un para adolescentes de 13 a 16 anos de idade, e outro para mozos e adultos de 17 anos en diante«.

As clases comezarán o vindeiro día 3 de outubro, e será no Multiusos da Xunqueira os mércores ás 17:00 a 18.30 horas para adultos e de 19.00 a 20.30 horas para adolescentes. Os participantes aprenderán técnicas de interpretación e comunicación co obxectivo de preparar algunha representación sobre as táboas ao longo do ano. A concelleira de Cultura e Turismo anima a toda a veciñanza a inscribirse «xa que tamén mellorarán as súas habilidades sociais e ampliarán o seu coñecemento sobre o patrimonio e a historia do municipio».


Ademais en vigoalminuto


Custo

A participación nesta actividade ten un custo de 79,50 euros para todo o curso, desde outubro de 2024 ata maio de 2025. O obxectivo do Concello é «ofrecer unha actividade cultural de calidade que sea accesible para toda a veciñanza, xa que o prezo non chega aos 10 euros mensuais», sinala a concelleira Pérez Táboas.

Inscrición

O prazo de inscrición estará aberto desde o 18 de setembro ata o 2 de outubro. Os interesados poderán facelo no rexistro do Concello ou a través da páxina www.redondela.gal. Para máis información poden dirixirse ao enderezo electrónico [email protected] ou ao teléfono 986 400 300. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.